Mosquera, sobre o destape do Gafos: "Eu creo que é viable, outra cousa é como"
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal é bastante máis optimista que hai apenas unhas semanas sobre a viabilidade do proxecto para renaturalizar o leito do río Gafos entre Alcalde Hevia e Xeral Rubín, unha actuación coñecida popularmente como o 'destape' do tramo soterrado.
"Eu creo que é viable, outra cousa é como", explicou o edil César Mosquera, tras recibir un informe preliminar sobre as primeiras sondaxes que se realizaron no ámbito de Campolongo. Os técnicos continuarán cos traballos nos próximos días.
Estas sondaxes revelaron, entre outras cuestións, que a diferenza do que se sospeitaba, que o río pasaba por Campolongo encaixonado entre paredes verticais de formigón, duns 3 metros de alto, a súa estrutura ten unha forma "trapezoidal".
A parte superior ten uns 70 centímetros de ancho e a zona inferior uns 2 metros. Esa parede está construída en formigón e grava. Calculan que destapar o Gafos obrigará a retirar da zona unhas 15.000 toneladas de formigón "como mínimo", segundo Mosquera.
Este muro, recoñeceu o concelleiro do BNG, "condicionará" a envergadura do proxecto, xa que a intención de Concello é non perder os 2,3 millóns de euros de fondos europeos concedidos para esta actuación, polo que non se descarta executala "por fases".
César Moquera detallou que a renaturalización do Gafos non se limita "a quitarlle a tapa" ao río, senón que os criterios que impón Europa é que, ademais de que o río estea en contacto co terreo, retirando o formigón lateral, e "se pode ser" tamén coa capa fréatica.
Por iso é polo que, sen descartar ningunha alternativa, o goberno municipal estude destapar por fases os 535 metros do río que están soterrados en Campolongo ou mesmo desviar lixeiramente o seu leito para reducir os riscos de erosión sobre o terreo.
"Nós agardamos poder abordalo todo e, se é por cuestión económicas, poder facelo por fases", reiterou Mosquera, que confía en que os resultados definitivos destes estudos, que xa incluirán propostas de actuación, se coñezan en xaneiro.
Relacionadas:
-
A renaturalización do Gafos irá "moito máis aló" que destapar a cuberta do río
Por Alejandro Espiño |
-
Inician a reparación do muro de contención do río Gafos entre a avenida da Estación e Ponte Boleira
Por Redacción |
-
Aberta a ponte do Gafos para conectar a senda fluvial con Josefina Arruti
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A primeiros de decembro haberá datos das catas sobre o substrato do río Gafos para estudar o destape
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Comezan a formigonar a nova pasarela de metal sobre o Gafos na rúa Tablada
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O inicio do estudo xeotécnico para demoler a canalización do Gafos é "inminente"
Por Alejandro Espiño |