Dous feridos en Sanxenxo, un deles grave, tras chocar entre si na Vichona
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de carácter grave, nun accidente que se rexistrou este luns na zona da Vichona, en Sanxenxo.
O accidente produciuse sobre as nove da mañá, segundo informa o 112 Galicia.
Os coches que conducían ambas as persoas chocaron de maneira frontolateral despois de que un deles saíse do aparcamento dun hotel e a zona e chocase contra outro vehículo que circulaba pola estrada PO-504.
Ao lugar do accidente, ademais de ambulancias do 061 que atenderon os feridos e os trasladaron ao hospital, acudiron axentes da Policía Local de Sanxenxo e da Garda Civil.
O tráfico nesta estrada, que une Vilalonga con Sanxenxo, viuse afectado ata que os vehículos sinistrados puideron ser retirados da calzada.