A veciñanza cede terreos para que o Concello mellore o acceso ao núcleo de Fentáns
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, visitou os traballos levados a cabo no lugar de Fentáns, na parroquia de San Xurxo de Sacos, para facilitar o acceso rodado a vivendas deste núcleo de poboación.
O Concello investiu nesta mellora uns 20.000 euros que foron empregados en realizar excavación no monte, movemento de terra e formigonado do camiño.
Para levar a cabo estes traballos, o alcalde de Cerdedo-Cotobade negociou coa veciñanza afectada a cesión dos terreos necesarios.
"Certo é que todo o mundo colaborou e a disposición foi moi positiva por parte dos veciños afectados", dixo Jorge Cubela.
"Tamén é verdade que con esta actuación, moi demandada polos residentes neste núcleo de poboación, soluciónase un grave problema de acceso que tiñan os vehículos para chegar ata as casas. Agora, un vehículo de emerxencia e mesmo unha ambulancia pode chegar ata a porta das vivendas sen dificultade", engadiu o alcalde.
Relacionadas:
-
Avanzan os traballos de mellora de acceso rodado no interior do lugar de Fentáns, en San Xurxo
Por Redacción |
-
Atopan "a maior poboación de Galicia" dunha planta en perigo de extinción nunha zona onde hai parques eólicos proxectados
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade prepara todas as súas estradas para a tempada de choivas
Por Redacción |