Actuación de Augas de Galicia no tramo interurbano do río Patela en Cuntis
Por Redacción
Traballos de conservación e limpeza para evitar atoamentos durante o inverno.
É o obxectivo de Augas de Galicia, ente dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, na actuación que está a acometer estes días no tramo interurbano do río Patela, no Concello de Cuntis.
En concreto os traballos céntranse nun tramo de 1,6 quilómetros do río, ao seu paso por distintos lugares da parroquia de Santa María.
Os operarios de Augas de Galicia están a proceder a roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e ramas caídas na canle do río, de modo que unha vez finalizada a actuación o arroio quede despexado de maleza posibilitando a circulación fluída da auga.