O Pleno de Poio aproba solicitar un préstamo para pagar facturas pendentes e para comprar a gardería de Campelo
Por Redacción
O Pleno Municipal de Poio aprobou unha operación de crédito por valor de máis de 700.000 euros.
En concreto o movemento financeiro permitirá abonar facturas pendentes por valor de 423.804,64 euros e tamén afrontar a compra da antiga gardería de Campelo coa idea de convertela nun Centro de Día, operación para a que se reservan 300.000 euros.
"Non estamos a alarmar coa situación económica do concello, estamos a informar da realidade. Cada día hai un desfile de autónomos que preguntan cando van cobrar as súas facturas, e este préstamo é un acto de responsabilidade", defende o alcalde Ángel Moldes.
Segundo explica o goberno local esta medida foi aprobada por unanimidade de toda a corporación municipal.
No pleno tamén se acordou iniciar os trámites necesarios para crear un ente supramunicipal de xestión de auga e dotar dunha regularidade administrativa coa que garantir a igualdade das condicións nas que se presta o abastecemento de auga á poboación de Poio, Pontevedra, Marín, Bueu, Sanxenxo, Vilaboa e Ponte Caldelas, porque "non é normal que os concellos que se abastecen no mesmo lugar paguen diferente, e por iso é urxente iniciar canto antes este proceso para garantir igualdade de condicións", explicou Moldes.
Outro dos puntos que recibiu apoio foi a sinatura de convenios de colaboración educativa coas universidades de Santiago de Compostela e de Vigo para que o alumnado poida realizar prácticas extracurriculares no municipio.
Relacionadas:
-
A antiga gardería de Campelo xa é de propiedade municipal
Por Redacción |
-
A compra da gardería de Campelo, próximo obxectivo do goberno de Poio
Por Redacción |
-
O goberno local e a oposición fan balance dos primeiros 100 días de mandato
Por Oskar Viéitez |
-
Poio xa tramita a compra da antiga gardería de Campelo para convertela nun centro de día
Por Redacción |
-
Poio aproba as modificacións de crédito para saldar débedas con empresas e autónomos
Por Redacción |
-
Poio aprobará dúas modificacións de crédito para pagar a primeira remesa do millón de euros que debe o Concello
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE de Poio defende que o Concello está "totalmente saneado" e acusa o alcalde de "embustes e manipulacións"
Por Redacción | Creada e actualizada