A "Promoción Marín" celebra o 25 aniversario da súa gradación na Escola Naval
Por Oskar Viéitez
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, recibiu este venres aos integrantes da denominada "Promoción Marín", un grupo de oficiais da Armada que están a celebrar o 25 aniversario da súa gradación na Escola Naval Militar.
Os antigos alumnos ingresaron no centro castrense coincidindo co 50 aniversario da súa apertura na localidade.
A alcaldesa agradeceulles "que os sigáis acordando del lugar que marcó vuestra trayectoria profesional y personal" e destacou a presenza da única muller que formou parte desta promoción, a Capitá de Fragata Victoria Álvarez, que foi a segunda muller incorporada á Escola Naval como alumna. A primeira foi Esther Yáñez que entrou no curso anterior.
Estes ex alumnos regresaron a Marín para renovar o seu xuramento á bandeira e entregaron ao Concello unha maqueta da porta Carlos I. "Para nosotros esta es la estampa más representativa de Marín; cuando alguien ve esta puerta todo el mundo identifica nuestra localidad", explicoulles a alcaldesa.
Relacionadas:
-
Defensa abre unha primeira convocatoria de emprego para este 2024 con prazas en Pontevedra e Marín
Por Redacción |
-
María Ramallo sinala que os cen primeiros días deste mandato foron para "marcar a estratexia"
Por Redacción |
-
A Escola Naval Militar recibe a 116 novos alumnos
Por Oskar Viéitez |
-
Cúmprense oitenta anos da inauguración da Escola Naval de Marín
Por Redacción |