As orquestras La Fórmula e Panorama, protagonistas da Festa da Saleta de Raxó

Por Redacción
As orquestras La Fórmula e Panorama serán este ano as protagonistas das festas da Saleta, que se celebran en Raxó entre o venres 29 de setembro e o domingo 1 de outubro.
A comisión de festas anuncia que nos próximos días comezará a pedir fondos porta a porta pola parroquia para axudar a pagar a festa. Irán identificados con camisetas e deixarán un recibo asinado e con selo co importe da doazón.
A programación difundida esta fin de semana pola comisión de festas abrirá o venres 29 de setembro cunha batalla de DJ na Festa da Xuventude.
O sábado 30 de setembro, o día comezará con pasarrúas, misa e a procesión terrestre e, pola tarde, a programación incluirá animación infantil.
Na noite do sábado actuarán as orquestras La Fórmula e Florida Band e o fin de festa chegará coa tirada de fogos artificiais.
O domingo a xornada comezarán con pasarrúas e ás 11.00 horas está prevista a tradicional competición de traiñeiras.
Pola tarde haberá misa solemne e procesión marítima e, pola noite, o espectáculo musical correrá a cargo da orquestra Panorama.
Relacionadas:
-
Máis de 4.000 personas asistiron en Raxó ao "man a man" entre o Combo e a Panorama
Por Oskar Viéitez |
-
Raxó organiza un man a man entre Panorama e o Combo Dominicano
Por Redacción |
-
A procesión marítima regresa ás Festas da Saleta de Raxó
Por Redacción |
-
Raxó gozará dunha tirada de fogos de lucería polas Festas da Saleta
Por Redacción |
-
París de Noia e El Combo Dominicano porán o broche de ouro ao verán en Poio
Por Redacción |