
© Comisión de festas de Raxó
Raxó organiza un man a man entre Panorama e o Combo Dominicano

Por Redacción
"A comisión de festas convertirá a Raxó no referente da verbena Galega coa actuación de duas das mellores orquestas de Galicia", así o asegurou Sara Magariños, voceira da Comisión de Festas de Raxó que ven de presentar o programa das Festas do Carmen e da Saleta que se celebrarán a próxima fin de semana, viernes 23, sábado 24 e domingo 25.
O venres a Festa está "dedicada a xuventude" coa actuación do grupo Rever e as discotecas móviles Dolce vita.
O sábado o día comenzará con alboradas a cargo de "Os de Ningures" e a "Escola Tradicional", na tarde animación correrá a cargo da charanga "Mil9". Ademáis haberá carreira popular de traiñas e Festa infantil con Javi Solla. Ás 22 horas será o concerto de Roi Casal co espectáculo "Son galego Son Cubano", e ás doce da noite a tirada de fogos de lucería e ao remate comezará a actuación da Orquesta Gran Parada.
O domingo 25 de setembro comezará con alborada. Pola tarde celebrarase a misa ás 17:30 horas con procesión marítima ao seu remate. Ás 21:00 horas pecharase a festa cun man a man entre as orquestras Panorama e o Combo Dominicano.
Relacionadas:
-
As orquestras La Fórmula e Panorama, protagonistas da Festa da Saleta de Raxó
Por Redacción |
-
Máis de 4.000 personas asistiron en Raxó ao "man a man" entre o Combo e a Panorama
Por Oskar Viéitez |
-
A homenaxe á xente do mar, punto de partida da recuperada Festa da Ameixa
Por Redacción |
-
A procesión marítima regresa ás Festas da Saleta de Raxó
Por Redacción |