Máis de 4.000 personas asistiron en Raxó ao "man a man" entre o Combo e a Panorama

Por Oskar Viéitez
Dende a comisión de Festas de Raxó expresaron a súa satisfacción polo "éxito rotundo" das festas do Carmen e da Saleta celebradas esta fin de semana.
Segundo informaron, "máis de 4.000 personas" asistiron na noite deste domingo no peche das festas co "man a man entre o Combo e Panorama".
O día de máis asistencia "como era de esperar" foi este domingo con "máis de mil veciños que viaxaron en barcos particulares e nos da Naviera Mar de Ons" para participar na procesión marítima. E outros tantos na tirada dos fogos de luces o sábado e "a festa infantil con Javi Solla volveu a ser un éxito para os máis pequenos da casa", aseguraron.
Outro dos puntos que destaca a organización foi o "bo funcionamiento de todos os aparcadoiros" que colgaron o cartel de completo o domingo, "agradecer a colaboración dos veciños de forma desinteresada para prestar os terreos".
A comisión de festas xa está a traballar na organización da próxima edición que prometen seguir sorprendendo e facer das festas de Raxó "un referente en toda a comarca"; queren aproveitar para dar as grazas á Cofradía de San Gregorio de Raxó, Protección Civil, Guardia Civil, Mar de Ons, Empresa Ruano e hijos, así como coas administracións que colaboran coa festa, empresas "e de maneira especial a todos os veciños polas mostras de cariño e agradecimiento coa comisión".