Agustín Reguera reúnese con AEMPE e agradece "o seu importante labor"
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, reuniuse este luns cos responsables da Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (AEMPE).
Durante o encontro, que tivo lugar no edificio administrativo da Xunta, o presidente da asociación, José María Corujo, aproveitou para desexar ao delegado "moita sorte na súas novas responsabilidades" e comentou algúns dos principais retos da Asociación.
Neste sentido, Reguera explicou aos representantes de AEMPE que "a Xunta é consciente do importante traballo que levan a cabo dende a asociación".
O delegado tamén lles asegurou que o goberno autonómico "sempre está disposto a colaborar con iniciativas que afecten de forma positiva a economía, os habitantes ou a contorna da Comunidade Autónoma".