Balance "moi positivo" das Festas do Carmen por parte do Concello, para as que investiu preto de 250.000 euros
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Concello de Marín fixo un balance "moi positivo" das xestións das Festas do Carme, un dos maiores motores de dinamización económica e cultural da vila que este verán contou con cerca de 250.000 euros para toda a programación.
Precisamente en canto ao diñeiro investido, desde o goberno local consideran que "é unha programación moi estensa, mantida no tempo ao longo de todo o mes de xullo, cen por cen gratuita e con alternativas de ocio para todas as idades".
Segundo indicou hoxe a Concellaría de Festas, o montante investido en toda a programación asociado ás Festas do Carme foi de 249.686 euros. O concerto de Abraham Mateo supuxo unha inversión de 55.000 euros, namentres que se destinaron 10.500 euros á celebración do Marín Dance Festival, que atraeu a centos de xóvenes á vila marinense. Para a celebración destes dous eventos, así como para a actuación sobre Fina Casalderrey incluída no programa de Lingua Guapa celebrada o 9 de xullo, investíronse 38.200 euros en ryders técnicos.
Á contratación de orquestas, que este ano foron o Combo Dominicano, París de Noia, Furia Joven, Galilea e Kubo, destináronse cerca de 51.000 euros e para todas as actividades infantís que se desenvolveron no Palco da Música (Mago Paco, Paco Nogueiras, Tarabelos e Migallas) fíxose unha inversión de 3.000 euros, incluíndo a parte de montaxe e loxística.
A Batalla de Flores nocturna, outro dos grandes atractivos das Festas do Carme, supuxo unha partida de 18.700 euros e a Feira do Viño da IXP Ribeiras do Morrazo, que tamén abre a primeira fin de semana de festas, tivo un custe total de 6.600 euros.
Estas son as partidas desglosadas máis representativas da programación, pero á inversión total é necesario engadir a remuneración de pasarrúas e grupos folclóricos, o pregón, as batucadas, os fogos de artificio e outros servizos complementarios ás festas, como as ambulancias, a revisión das atraccións de feira, a iluminación das rúas, a ilustración do cartel e toda a cartelería e os soportes de promoción.
"O noso balance é moi positivo e cremos que facemos unha xestión boa da inversión que se adica ás festas, sobre todo vendo a programación tan completa e continuada que temos durante todo o verán", expresan fontes municipais, que adiantan que aínda quedan datas importantes no calendario festivo marinense, como a Festa Corsaria, as Festas de Loira, as Festas da Virxe do Porto ou o San Miguel, xa cara setembro.
Estas festas, ademáis, supoñen "un enorme revulsivo para a vila e por iso consideramos que é un puntal esencial no que facer inversións para conseguir que sexan festas de calidade, totalmente gratuitas e con opcións para todas as idades, desde os máis pequenos ata os maiores", concluíron desde o Concello.
CRÍTICAS DO PSOE
O grupo municipal do PSOE referiuse á polémica suscitada por mor da anulación do concerto de Abraham Mateo. A crítica centrábase en que a pesar da previsión de choiva que existía para ese día, o escenario non estaba cuberto.
Os socialistas aseguran que o custo dese "non-concerto" para o Concello de Marín "foi de, nin máis nin menos, que 125.477 euro". "Unha cifra que nos parece esaxerada comparándoa co caché que cobra o artista e que é duns 50.000 euros por concerto, co cal existen uns custos de produción elevadísimos", afirma o portavoz socialista, Manuel Pazos.
Relacionadas:
-
Broken Peach e María do Ceo, banda sonora das festas da patroa de Marín, a Virxe do Porto
Por Redacción |
-
Unha Festa Corsaria máis grande que os elementos
Por Cristina Saiz & Diego Espiño |
-
A ilustradora Belén Diz, Artista Marinense do Ano 2023
Por Redacción |
-
E despois do Carme de Marín... chegan as Festas de Seixo
Por Redacción |
-
Emotiva procesión do Carme, patroa do mar, en Marín con lembranza ás vítimas do Villa de Pitanxo
Por Redacción |
-
As Festas do Carme de Marín xa presumen de Juan Sebastián de Elcano
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |