Portonovo prepárase para seis días de festa, incluíndo actuacións de Panorama e o Combo Dominicano
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/9c8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6306117c71-4ac7829c-45fe-45f5-b908-d4eb4a31c03e.jpg)
© Concello de Poio
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/210/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64d3a710b8-captura-de-pantalla-2023-08-09-a-las-16.46.23.png)
© Concello de Sanxenxo
Portonovo conta as horas para empaparse de ambiente festivo coas tradicionais celebracións do mes de agosto para honrar á nosa Señora, San Roque e o Carme.
A Asociación Cultural San Cristóbal de Portonovo, organizadora das citas, pechou unha programación con diversas proposta musicais, de lecer e tamén litúrxicas.
A cita encargada de abrir as celebracións patronais será o luns 14 de agosto a popular sardiñada no porto onde está previsto a repartición gratuíta de media tonelada de peixe. A xornada contará coa animación dun pasacalles de Os Gatiños de Portonovo e a noite estará amenizada por Don DJ.
O martes día 15, Día da nosa Señora, unha salva de bombas anunciará en comezo das festas con pasarrúas cos grupos Lembranzas e Os Gatiños. Ás 13.00 horas terá lugar a tradicional misa e xa pola noite, ás 23.00 horas, celebrarase un concerto de Broken Peach e a disco móbil de DJ Pedro-VR.
O día 16 de agosto, coincidindo coa celebración de San Roque, a xornada dará comezo coas alboradas de Lembranzas e Os Gatiños. Ás 11.00 horas celebrarase a misa na igrexa de Portonovo e, a continuación, realizarase o tradicional encontro de imaxes. Ás 13.00 horas está previsto un concerto da Banda de Música de Sanxenxo na Casa de Don Fernando. Pola noite, a partir das 22.30 horas, a verbena correrá a cargo de Kubo e DJ Charlie, con espectáculo pirotécnico a medianoite.
En canto ao día 17 de agosto, dedicado á Virxe do Carme, a Banda de Música de Ribadumia actuará ás 13.00 horas, á beira da capela, e ás 19.00 horas a misa solemen contará coa actuación da Coral de Santa María de Adina. Ás 23.00 horas, a orquetra Panorama e a disco móbil Dolce Vita pecharán a xornada.
O 18 de agohsto será quenda do Día do Can. A música na rúa iniciará a xornada e pola tarde, ás 18.00 horas, terán lugar os tradicionais xogos populares no peirao. A verbena, a partir das 22.30 horas, contará coa orquestra Combo Dominicano e o DJ Pedro.
Por último para o 19 de agosto programouse o concerto Canelas Sound Tour coas actuacións de Sergio González (Loca Urban FM), Javi Loro, Pitty, Yago Rivas e Aaron The Wear.