Un francés, un peruano e un toledano mediranse este domingo 6 de agosto no rodo de San Roque con hastados do ferro de Alcurrucén. Sebastián Castella, Andrés Roca Rey e Tomás Rufo visten de luces o primeiro festexo da Feira taurina daPeregrina 2023. Desde as 'Conversas na Ferrería' chequeamos con afeccionados locais como chegan esta tempada ao coso pontevedrés.
Sebastián Castella, o máis veterano dos tres destros, reincorporouse este 2023 ao circuíto toreril tras unha pausa que anunciaba no ano 2020 para "reencontrarse" e regresou proclamándose triunfador da Feira de San Isidro. Roca Rey ostenta o primeiro posto do escalafón na tempada e esta semana volve xa que tivo que facer un obrigado parón o pasado 25 xullo tras o contratempo sufrido en Santander. O máis novo da terna, Rufo, regresa a Pontevedra tras o seu debut o ano pasado cando despuntou como toureiro revelación de 2022. Apadriñado pola casa Lozano, o toledano mantense presente nos carteis deste ano contanto triunfos importantes en prazas como as de Castelló, Granada ou Alacante.
Os tres espadas liadarán reses de Alcurrucén, que como ben sabe a afección pontevedresa, non faltan nos festexos de agosto nesta cidade e xa se atopan nos currais da praza sanroqueña. Todos estes nomes e circunstancias particulares son motivo do faladoiro no que participanRaúl Martínez, Alejandro Calvo, José Maquieira (xestor da web Taurophilos) e Juan Riveiro (presidente da Coordinadora de Penas Taurinas de Pontevedra).
Durante a charla, miran igualmente ao segundo e último festexo da Feira, que será o seguinte domingo, 13 de agosto, que tamén ten os seus aderezos. A última - en principio -, ocasión para ver a Julián López 'El Juli' nos ruedos, tras anunciar o pasado 27 de xullo a súa retirada "indefinida". Engádese a presenza de Morante de Puebla, que vén de deixar para a historia a súa tarde do 26 de abril na Maestranza sevillana, e mantense o segundo no escalafón. E completará Manzanares a quen unha intervención cervical obrigou a suspender a tempada en xuño e reincorpórase este sábado 5 nas Colombinas de Huelva. O cartel complétano os touros do ferro gaditano de Santiago Domecq, que este 2023 cumpre corenta anos como propietario do senlleiro ferro de reses bravas.
O programa completo pode escoitarlle desde a ligazón que se adxunta e tamén descargar o podcast desde a web de PontevedraViva Radio.