Este sábado comezan as festas do Divino Salvador de Poio
Por Redacción
A parroquia de San Salvador, no Concello de Poio, celebra as súas festas patronais os días 5, 6, 7 e 8 de agosto.
O sábado, ás 22.00 horas, será a lectura do pregón a cargo de Javier López Viñas, fundador de Atletismo Poio e dos Xogos de Verán, que marcará o inicio dunha festa que combinará actos relixiosos, música e unha xornada destinada para os máis pequenos.
Tras o pregón, haberá un aperitivo de inauguración das festas, amenizado polo grupo de gaitas Vides Novas e a xornada rematará coa verbena do grupo Puzzle.
O domingo, ás 12.30 horas comezará a misa solemne en honor a San Salvador, cantada pola Coral de Poio, e a continuación saldrá a procesión acompañada da música da Banda de Vilaboa e da Escola de Música Tradicional de Poio. Xa pola noite, ás 21.00 horas, a verbena será coas orquestras Magos e Alianza.
O luns 7, ás 12.30 horas haberá unha misa solemne en honor á Virxe do Carme, cantada pola coral Virxe de Fátima de Campelo, e seguida da procesión que contará coa música da Escola de Música Tradicional de Poio. A xornada rematará coas actuacións da orquestra Marbella e do grupo Azabache (recanteiros de Luar).
O último día de festas, o martes 8, destinarase aos máis pequenos cunha festa infantil que comezarán ás 17.00 horas e que contará co paiaso Ruddy, inchables, touro mecánico e festa da escuma.