Peche da rúa Rosalía de Castro para instalar a pasarela metálica sobre o Gafos
Por Redacción
O Concello de Pontevedra anuncia que é necesario pechar esta semana a rúa Rosalía de Castro polas mañás para instalar a pasarela sobre o Gafos que unirá as rúas Tablada e Rosalía de Castro comeza a ser unha realidade.
O concelleiro de Parques e xardíns, Xaquín Moreda, informou que esta semana comezan os traballos de corte, encaixonado e cimentación na ponte sobre a rúa Rosalía de Castro sobre a que repousará a pasarela metálica proxectada nesta zona do Gafos.
O proxecto foi adxudicado á empresa Covsa por 495.866 euros e está financiado por fondos europeos FEDER dentro da Estratexia DUSI Máis Pontevedra.
Para realizar esta actuación, a Policía Local elaborou un plan de mobilidade dado que a empresa Covsa, adxudicataria do proxecto, precisa pechar a rúa Rosalía de Castro neste punto entre as 07.00 e as 16.00 horas, até o venres, incluído. No plan de tráfico recolle as recomendacións de entrada e saída da zona para a veciñanza do lugar.
O proxecto de instalación da pasarela sobre o Gafos supón a demolición da actual pasarela de lousa prefabricada que une as dúas rúas e a construción desta nova metálica. A intervención complétase coa creación de muros de contención para asegurar os noiros dos edifios e a creación de espazos verdes en forma de bancais até chegar ao río.
Relacionadas:
-
Comezan a formigonar a nova pasarela de metal sobre o Gafos na rúa Tablada
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Previsto un corte de tráfico na Rúa Rosalía de Castro durante este xoves 10
Por Redacción |
-
Veciños da Rúa Tablada síntense "ninguneados" polo Concello e temen quedar sen gas
Por Alejandro Espiño |
-
Plan de choque para que a senda do Gafos "recupere todo o seu esplendor" e frear a súa deterioración
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Conta atrás para destapar o río Gafos entre Xeneral Rubín e Rosalía de Castro
Por Alejandro Espiño |