Trinta estudantes participan no campus 'Inglés na miña contorna' da Uned en Portas
Por Redacción
A aula Universitaria da UNED en Portas é o escenario da sétima edición do Campus Inglés na miña Contorna, que se desenvolve ata o venres 21 de xullo.
Trinta estudantes reciben, a través desta formación, unha inmersión lingüística ao mesmo tempo que realizan actividades lúdicas orientadas a dar visibilidade á Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.
Ao longo destas semanas, os participantes aprenderán a dominar técnicas de comprensión e comunicación en inglés para perder o medo para falar noutra lingua, utilizando o inglés como ferramenta de comunicación durante as distintas accións que practican ao mesmo tempo que amplían relacións sociais e humanas, a través de traballo en equipo.
Neste curso realízanse actividades culturais e deportivas saudables. Tamén se desenvolven prácticas sobre o manexo de tecnoloxías da información.
Relacionadas:
-
Un curso da UNED formará contra o acoso a profesionais de centros deportivos e de lecer
Por Redacción |
-
A UNED ofrece un curso estival sobre a igualdade como dereito fundamental no Centro Penitenciario da Lama
Por Redacción |
-
A UNED presenta os once cursos formativos para este verán en Pontevedra
Por Redacción |
-
A UNED programa once cursos formativos para este verán en Pontevedra
Por Redacción |