Un peón ferido grave tras ser atropelado cando cruzaba por un paso de peóns en Combarro
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio informou dun accidente de tráfico ocorrido este sábado, sobre as 13:00 horas, na Avenida da Cruz, en Combarro, na estrada autonómica PO-308.
Segundo relatou, un turismo atropelou a unha persoa veciña de Poio cando cruzaba polo paso de peóns, resultando con lesións.
O ferido foi trasladado nunha ambulancia do 061 ata un centro sanitario en "estado grave".
"Agora investigamos a causa do accidente, que se puido ser por unha imprudencia", declararon desde a xefatura da Policía Local que xa iniciou as dilixencias para trasladar ao xulgado.
O vehículo circulaba dirección Sanxenxo-Pontevedra. O condutor foi sometido ás probas de alcoholemia dando resultado negativo.
Como consecuencia do suceso a circulación estivo regulada durante un tempo con tráfico alternativo entre os dous carrís, o que provocou que por momentos a circulación fose lenta.
Relacionadas:
-
Localizan no depósito dun guindastre o vehículo que derrubou un farol e deuse á fuga en Poio
Por Anxo Lourido |
-
Identifican en Combarro o autor do furto duns airpods grazas ao xeolocalizador dos auriculares
Por Redacción |
-
Unha muller e a súa nai resultan feridas nunha colisión entre dous vehículos en Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
Atropelan un home cando cruzaba por un paso de peóns en San Xoán de Poio
Por Redacción |
-
Un home de 56 anos, ferido nun atropelo nun paso de peón na Barca
Por Redacción |
-
Ferida unha muller nun atropelo en Poio
Por Redacción |
-
Atropelo dunha muller de 61 anos na rotonda da Barca
Por Redacción |