Novo aparcadoiro público gratuito para 45 prazas na rúa República Arxentina
Por Redacción
A concelleira de Medio Ambiente e Festas, Marián Sanmartín, anunciou este martes que se conseguiu a cesión dunha nova parcela en República Arxentina para poder utilizala como aparcadoiro público gratuíto.
"Trátase da parcela que está xunto ao que xa a día de hoxe funciona como aparcadoiro e está fronte ao CEIP da Laxe, é dicir, unha localización estratéxica, a penas 5 minutos do pleno centro", explicou a concelleira.
A parcela ten unha extensión de 1.751 metros cadrados e calcúlaselle unha ocupación de 45 prazas. O obxectivo é rematar as obras de acondicionamento para poder tela lista de cara ás Festas do Carme.
700 PRAZAS EN APARCADOIROS PÚBLICOS
Tanto de cara ás Festas como aos momentos máis potentes do verán, o Concello leva tempo traballando no Proxecto MARES (Marín Estacionamento) como un eixo vertebrador da ordenación do espazo público.
Nos últimos anos, xeráronse dúas ferramentas potentes dentro deste proxecto: o establecemento de Zonas 2H en distintos puntos da vila e a habilitación destes aparcadoiros públicos aos que agora se suma o novo de República Arxentina.
En total, habilitáronse 700 novas prazas de aparcadoiro repartidas entrea a Praza do Regueiro (60 prazas), Sagrada Familia (25), Concepción Arenal (100), Ponte Zapal (50), Virxe do Carme (40), Inferniño (60), Jaime Janer (50), Pavillón da Raña (100), Carballal (50), República Arxentina 1 (70) e agora República Arxentina 2: 45 prazas.
Relacionadas:
-
Prevista a instalación inmediata de dous pasos de peóns elevados na baixada do CEIP da Laxe
Por Redacción |
-
Máis aparcamento, bus nocturno e puntos violeta para as festas do Carme de Marín
Por Redacción |
-
Fin de semana moteira coa XVI Concentración Vila de Marín
Por Redacción |
-
A creación dun aparcadoiro disuasorio e a mellora dos sendeiros, nun proxecto para revalorizar o Lago de Castiñeiras
Por Oskar Viéitez |
-
O aparcamento disuasorio en Lourizán e o tramo de Marín, próximos pasos na humanización da PO-546
Por Redacción |