Fin de semana moteira coa XVI Concentración Vila de Marín
Por Redacción
Do 30 de xuño ao 2 de xullo terá lugar a XVI Concentración Motera Vila de Marín, que se presentou este martes no Concello, xunto con Golfiños Marín.
O venres 30 de xuño abriranse as inscricións a partir das 18.00 horas e pola noite abrirán boca o grupo Gran Garaje e o DJ Rubén Díaz. Haberá acampada cuberta con duchas no Sequelo.
O sábado 2 de xullo será a ruta mototurística polo municipio con petisco na carpa e antes da cea haberá exhibición de stunt a cargo de Narcis Roca.
Despois da cea para os inscritos, será a tradicional ruta nocturna con antorchas e entregaranse os trofeos e o sorteo de regalos. Finalmente, de novo o DJ Rubén Díaz pechará a noite.
O domingo será o turno de dúas pequenas promesas, Iker 27 e Kevin 15, que farán a súa exhibición e despois se clausurará o evento cunha sesión vermú na carpa.
Relacionadas:
-
Incremento da vixilancia das motocicletas por parte da Garda Civil de Pontevedra
Por Redacción |
-
Novo aparcadoiro público gratuito para 45 prazas na rúa República Arxentina
Por Redacción |
-
Detido por roubar a pensión a dúas anciás facéndolles vivir en condicións infrahumanas
Por Oskar Viéitez |
-
"Amor universal, diverso e libre", reivindicación de Marín polo Día Internacional do Orgullo LGTBI+
Por Redacción |
-
Xornada adicada ás persoas emprendedoras en Marín e Barro
Por Oskar Viéitez |