Prevista a instalación inmediata de dous pasos de peóns elevados na baixada do CEIP da Laxe
Por Redacción
República Arxentina, Inferniño e a Rúa Quevedo cambiaron a súa configuración durante os últimos anos coa creación de dous espazos de aparcamento público gratuíto fronte ao CEIP da Laxe e un terceiro na contorna da Rúa Quevedo e de Inferniño.
O Concello de Marín tamén abría a nova Travesía República Arxentina, tombando un muro que separaba dúas mazás urbanas. A esta situación súmase o desenvolvemento da parcela en desuso que agora ocupa un supermercado cun incremento do tráfico rodado na zona.
Durante varias reunións, o goberno local mantivo conversacións con residentes na zona que demandan maior seguridade viaria nesta zona. Por este motivo, durante os últimos días están a executarse medidas correctoras de urxencia para garantir unha mellor mobilidade e seguridade para peóns e vehículos.
As obras céntranse na ampliación da beirarrúa pegada a un concesionario de vehículos coa intención de faciliar o paso peonil.
Ademais, está prevista a instalación de dous pasos de peóns elevados na calzada da estrada que baixa desde o CEIP da Laxe, na Rúa República Arxentina, para acougar o paso de vehículos.
Tamén está previsto, segundo indican desde o Concello de Marín, que se encargue un estudo de todo o movemento circulatorio nestes puntos da vila, tal e como se aprobaba no Pleno municipal.
Relacionadas:
-
Novo aparcadoiro público gratuito para 45 prazas na rúa República Arxentina
Por Redacción |
-
O goberno local interpreta a apertura dun novo Mercadona como unha mostra do crecemento de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Marín estrea unha nova rúa no centro da vila
Por Redacción |
-
Xa está aberta ao tránsito peonil e rodado a Rúa Travesía República Arxentina
Por Redacción |
-
Habilitan un novo aparcamento público gratuíto no centro urbano de Marín con capacidade para 50 coches
Por Redacción |