Marín estrea unha nova rúa no centro da vila
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da alcaldesa de Marín, María Ramallo, inauguraron este mércores unha nova rúa no centro da vila, froito da urbanización do tramo pendente da travesía para completar a conexión entre República Arxentina e Inferniño, derrubando o muro que se interpoñía na metade deste viario.
A obra contou cun investimento provincial de 256.407 euros a través do Plan Concellos.
Habilitouse un vial de 110 metros de longo reordenándose un espazo do centro urbano que estaba sen aproveitar e que mellora o aspecto e funcionalidade da zona.
A nova rúa conta cun só carril de sentido único e catro metros de ancho, con espazo para o estacionamento en liña na marxe dereita e beirarrúas cun ancho de 2,5 metros. Está dotado dos servizos públicos de saneamento e recollida de augas pluviais, abastecemento, iluminación pública, electricidade, telefonía e rede de distribución de gas.
A presidenta da Deputación destacou que esta "non só é unha obra de mobilidade amable" senón tamén é "respectuosa co medio ambiente", pois se canalizou "adecuadamente" un regato, ademais da "calidade" da execución.
Pola súa banda, a alcaldesa María Ramallo sinalou a importancia da obra "polo que supón para esta contorna céntrica que estaba sen desenvolver" e asegurou que "este tipo de melloras fan cidade e benefician a todos os veciños de Marín".
Relacionadas:
-
Prevista a instalación inmediata de dous pasos de peóns elevados na baixada do CEIP da Laxe
Por Redacción |
-
O goberno local interpreta a apertura dun novo Mercadona como unha mostra do crecemento de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
A derriba do muro da Travesía República Arxentina despexa o trazado da nova rúa
Por Redacción |
-
As obras para a nova travesía de República Arxentina alcanzan o ecuador
Por Redacción |
-
Marín terá unha nova rúa dentro de tres meses: a Travesía República Arxentina
Por Redacción |