Afinemos o padal, volve "Pontedetapas"
Por Alejandro Espiño
Pontedetapas quenta motores. A V edición deste concurso de tapas celebrarase entre o 23 de novembro e o 9 de decembro. Serán pois tres fins de semana e aproveitará a Ponte da Constitución, "para que la gente que visita Pontevedra en esas fechas degusten las propuestas gastronómicas de los bares y restaurantes de la ciudad", segundo explicou a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román.
"Esperamos que tenga el mismo éxito que la edición anterior", sinalou a edil socialista, tras recordar que participaron 53 locais e vendéronse unhas 30.000 tapas. Para iso, este ano o Concello de Pontevedra púxose en contacto xa con 161 establecementos da cidade, que terán ata o próximo 15 de novembro para inscribirse.
Non cambiarán os prezos das tapas, que se servirán a 1,50 euros, nin tampouco un dos requisitos para participar no concurso, "que las tapas sean elaboradas con productos gallegos y de calidad". Estas propostas poderán ser de tipo tradicional ou creativo, dando "todas las facilidades para que los hosteleros se animen, ya que para ellos también es una fuente de promoción importante".
A gran novidade desta V edición de Pontedetapas vén da man dos premios. Reduciranse as viaxes e as estancias en hoteis e apostarase por cheques de compra no comercio de Pontevedra, "para agradecer la fidelidad con la que los pontevedreses participan en estos certámenes". Preténdese así incitar á xente a que faga as súas compras de Nadal nos establecementos da cidade.
Pola súa banda, o presidente da asociación Hosteleros Asociados de Pontevedra, Salvador Santiago, agradeceu que se siga apostando por este certame e mostrouse confiado en que o sector "responda" a esta nova edición. "La ampliación de fechas viene muy bien para darle una proyección a esta feria de cara al resto de España y a los turistas que nos visitarán esos días".