Pontevedra, de novo, o paraíso das "tapas": Arranca a V edición de Pontedetapas
Por Alejandro Espiño
44 locais de hostalería participan na V edición de Pontedetapas. Este certame gastronómico, consolidado xa no calendario de eventos turísticos e gastronómicos de Pontevedra, comezou este venres e prolongarase ata o próximo 9 de decembro, aproveitando así a Ponte da Constitución.
Son "un poco menos" que na edición de primavera, recoñeceu a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, quen mostrou a súa confianza en que esta nova edición de Pontedetapas teña "una gran acogida". Recordou que trátase dun certame que "cuesta mucho organizar", pero que xera unha importante actividade económica na cidade.
En todo caso, Carlota Román adiantou que, de cara ao próximo ano, "quizá planteemos otro formato", algo que, segundo explicou, "dependerá de la acogida que tenga en esta edición". Trátase, dixo, de buscar o xeito de "optimizar al máximo" as potencialidades económicas e turísticas deste evento gastronómico.
O custo das tapas seguirá en 1,50 euros, bebida non incluída. A edil socialista recordou que se trata do mesmo prezo que se fixou no seu día para a primeira edición e que, desde entón, permanece invariable. Para os participantes volverá haber premios, entre os que haberá menos viaxes e máis cheques-regalo para gastar no comercio local.
Máis información sobre locais e a relación de tapas na web do certame: www.pontedetapas.es