Os socialistas Iván Puentes, Yoya Blanco e Guillermo Meijón negociarán o pacto co BNG
Por Oskar Viéitez
A Executiva da Agrupación Socialista de Pontevedra designou aos tres representantes que conformarán a comisión negociadora do PSOE. Serán, o portavoz municipal e secretario de Organización, Iván Puentes; a vicesecretaria e concelleira Yoya Blanco, e o secretario de Política Municipal, o deputado Guillermo Meijón.
Como xa se anunciou, por parte do BNG os negociadores serán os concelleiros Eva Vilaverde, César Mosquera e Raimundo González.
MAICA LARRIBA QUERE SER CANDIDATA AO CONGRESO
A actual subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, foi proposta pola agrupación local do PSOE para formar parte das listas ao Congreso nas eleccións do próximo 23 de xullo.
Na asemblea celebrada este martes na Residencia de Estudantes Afundación, por aclamación, os socialistas decidiron elevar á Comisión Executiva Provincial, que se reunirá o vindeiro sábado, unha proposta de candidatos ao Congreso dos Deputados conformada por Maica Larriba, Pedro Hermida, Guillermo Meijón e Estrela Vilacoba.
E a proposta para o Senado é de Marica Adrio, Fernando Baena, Iago Alberte Carril e Guillermo Meijón.
Desde o PSOE local han puntualizado que "os nomes van por orde alfabético de apelidos, é dicir, todos teñen as mesmas opcións, tendo en conta que as listas ao Congreso e o Senado serán cremalleira", isto é, con alternancia de mulleres e homes.
En canto a Guillermo Meijón e Marica Adrio son deputado e senadora, respectivamente, na actual lexislatura.
No caso de Estrela Vilacoba e de Iago Alberte Carril a proposta vén das Xuventudes Socialistas de Galicia, da que a primeira é secretaria de Organización e o segundo, coordinador de Área de Acción Electoral.
Pedro Hermida foi número 11 da lista electoral encabezada por Iván Puentes na que Fernando Baena foi no número 15, ambos teñen responsabilidades na Agrupación Socialista de Pontevedra e son membros do Comité Provincial do PSdeG.
Relacionadas:
-
O PSOE confirma que apoiará a Lores como alcalde malia seguir sen acordo de goberno co BNG
Por Anxo Lourido |
-
"Comprensión mutua" entre BNG e PSOE para sentar "boas bases" de cara a un futuro goberno
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Por aclamación o comité provincial ratifica as listas do PSdeG por Pontevedra, que encabezan Regades e Carmela Silva
Por Oskar Viéitez |
-
Domínguez, resignado ante un novo goberno BNG-PSOE: "Tengo curiosidad por saber quién se bajará los pantalones con Reina Victoria"
Por Alejandro Espiño |
-
As negociacións entre BNG e PSOE para renovar o pacto de goberno comezarán esta semana e "sen imposicións"
Por Alejandro Espiño |
-
Puentes esixe a Domínguez "menos fogos artificiais e brindes ao sol" con Raíña Vitoria
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez ofrece un acordo a Iván Puentes para reabrir Raíña Vitoria
Por Alejandro Espiño |
-
Primeira toma de contacto entre o BNG e o PSOE de cara a iniciar negociacións para acadar un acordo
Por Juan Manuel García Tajes & Anxo Lourido |