Por aclamación o comité provincial ratifica as listas do PSdeG por Pontevedra, que encabezan Regades e Carmela Silva
Por Oskar Viéitez
As listas do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado para as próximas Eleccións Xerais do 23 de xullo saíron adiante por aclamación tanto na proposta presentada pola Executiva provincial como na ratificación posterior, como mandan os estatutos, a cargo do Comité Provincial.
Un apoio unánime que mereceu o agradecemento do secretario xeral provincial, David Regades.
A candidatura ao Congreso está encabezada por David Regades (Vigo) e continúa, por esta orde, con Marica Adrio (Pontevedra), Modesto Pose (Vilagarcía), Paula Fernández (Silleda), Luis Piña (A Cañiza), Marta Giráldez (Meis) e Samuel Lago (Cambados). En calidade de suplentes figuran Vanesa Fernández (Ponteareas), Ladislao Alonso (Nigrán) e Estrela Vilacoba (Pontevedra).
A candidatura ao Senado ten como titulares a Carmela Silva (Vigo), Luis López Bueno (A Estrada) e Verónica Pichel (Forcarei). As persoas suplentes da primeira candidata son Leticia Gallego (Vigo) e Daniel Ricart (Vigo). No segundo caso os suplentes son Violeta de Santiago (Tomiño) e Iago Alberto Carril (Vilagarcía). Finalmente, as persoas suplentes da terceira candidata, son Xoel Souto (Moraña) e Ainhoa Fervenza (Sanxenxo).
O procedemento estatutario continuará coa avaliación que hoxe mesmo realizará o Comité Nacional Galego e finalizará o sábado, día 10, coa aprobación das listas por parte do Comité Federal.
O secretario xeral provincial e número 1 na proposta de lista ao Congreso, David Regades, afirmou que trátase dunhas candidaturas "renovadas, pero marcadas tamén pola experiencia de persoas que xa acreditaron un traballo parlamentario durante esta lexislatura en favor da provincia".
Destacou tamén "o peso político, con mulleres e homes que son referentes institucionais", das candidaturas do PSdeG-PSOE concibidas con "criterio cremalleira" entre mulleres e homes, e, ademais," moi representativas de todo o territorio da provincia de Pontevedra".
Finalmente, o secretario xeral agradeceu a participación dos case 3.000 militantes do Partido Socialista na provincia de Pontevedra e afirmou que "nas dúas últimas Xerais, que foron as do 28 de abril e do 10 de novembro de 2019, fomos primeira forza na nosa provincia con moita claridade e desta volta partimos coa intención de volver a gañar as Eleccións na provincia máis socialista de Galicia".
Relacionadas:
-
Os socialistas advirten de que están "en xogo" os proxectos previstos a ámbalas marxes da ría se gaña a dereita
Por Redacción |
-
Encontro coa militancia do PSOE para "superar o listón do 30% do voto en Pontevedra"
Por Redacción |
-
O Partido Socialista pide dous debates co Partido Popular na provincia
Por Oskar Viéitez |
-
Frente Obrero, Pacma, Por un mundo máis Xusto, PCTG e Recortes Cero preséntanse ao 23X por Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Ter vacacións contratadas antes do 29 de maio servirá para librarse da mesa electoral
Por Redacción |
-
Os socialistas Iván Puentes, Yoya Blanco e Guillermo Meijón negociarán o pacto co BNG
Por Oskar Viéitez |