Intervención de emerxencia na praia do Santo ante o perigo de derrubamento do muro

Por Redacción
O Concello de Marín está a finalizar unha actuación de emerxencia que se desenvolve estes días no muro de contención da praia do Santo.
A estrutura, segundo informa o goberno local, presentaba unha serie de danos que aumentaron "enormemente" o risco de que se producise un derrubamento deste muro.
Unha vez detectado o problema, ante a posibilidade de perigo importante para as persoas usuarias do areal, o Concello decidiu iniciar os traballos para reparar os problemas que presentaba este elemento de contención e evitar que se incrementase o perigo.
Desde o goberno local manifestan que se aposta por un mantemento e coidado integral das praias para que se atopen no mellor estado posible ao tratarse dun elemento natural de gran valor e, ademais, moi utilizados durante estes meses pola veciñanza e as persoas que visitan o municipio.
Relacionadas:
-
Os tres sendeiros azuis de Marín xa presumen de bandeira
Por Redacción |
-
Marín xa prepara as súas praias para a Semana Santa
Por Redacción |
-
O balizamento das praias de Marín durante Semana Santa custará 10.000 euros
Por Redacción |
-
Un baño reivindicativo en Mogor para solicitar balizas e servizos durante todo o ano
Por Almu Dapena |