O balizamento das praias de Marín durante Semana Santa custará 10.000 euros
Por Redacción
A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, informou este venres de que se contratará o servizo de balizamento para Aguete, Mogor e Portocelo durante a Semana Santa, coa finalidade de garantir a seguridade dos primeiros bañistas, que aproveitan eses días de vacacións para estar en Marín desfrutando do mar.
Esta contratación, que excede á da época estival, suporá unha inversión de cerca de 10.000 euros por parte do Concello, que considera “esencial que en todo momento as nosas praias sexan espazos seguros”. Sobre todo, en momentos nos que crece a afluencia ás mesmas.
Ao longo dos próximos meses, tamén se irán sacando adiante os correspondentes concursos e contratacións dos tradicionais servizos dos que se dota ás praias durante o verán.
En xeral, tal e como recordou a concelleira, "temos que coidar das nosas praias, non só dotándoas de servizos que son os que lles valen o recoñecemento de Bandeira Azul, senón tamén manténdoas en condicións de limpeza e respecto medio ambiental".
Relacionadas:
-
Intervención de emerxencia na praia do Santo ante o perigo de derrubamento do muro
Por Redacción |
-
“Viajar ya no es un lujo, se ha convertido en una necesidad”
Por Rosalía Rico Otero & Alba Feijoo Alonso |
-
A remodelación do Vial de Praias de Marín custará máis de 330.000 euros
Por Redacción |
-
Marín xa prepara as súas praias para a Semana Santa
Por Redacción |
-
Programan un calendario de desbroces para manter en perfecto estado todo o municipio de Marín
Por Redacción |