28M | "As nosas siglas son Poio", afirma o candidato do PSOE á Alcaldía, Gregorio Agís
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
"As nosas siglas son Poio", afirmou o candidato do PSOE á Alcaldía, Gregorio Agís, ao pé da Casa do Ateneo, en Combarro, un ben patrimonial que durante o próximo mandato vaise converter na sede dun centro museístico para a interpretación da interrelación entre o pobo dos hórreos e o mar, gracias ao acordo xa asinado coa Deputación.
A presidenta do PSdeG e da Administración provincial, Carmela Silva, estivo ao pé desta casa emblemática para ratificar o seu apoio "á mellor candidatura, con moita diferencia, que se presenta nestas Eleccións municipais en Poio, que é a que lidera Gregorio Agís".
Agís invitou a toda a veciñanza de Poio, "teña cada quen a ideoloxía que teña", a "participar da ilusión e da ambición dun proxecto integrador, aberto, con capacidade de negociar con tódalas Administracións, de buscar acordos con outras forzas políticas e de escoitar á xente".
O candidato socialista puxo en valor o traballo feito nestes últimos catro anos, dende as áreas de goberno lideradas polo PSdeG-PSOE e Avante, e agradeceu a Carmela Silva que "teña feito posible boa parte da transformación destes últimos anos achegando nada menos que 16 millóns de euros dende que é presidenta".
CONSELLO DE MEDIO AMBIENTE E NOVOS PUNTOS DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA
A candidatura de Gregorio Agís tamén anunciou que impulsará ferramentas que "darán resposta ás necesidades da xente", como a Rede de Espazos Municipais, o Consello de Participación Veciñal e a Asamblea Cidadá, así como un servizo de resolución de dúbidas.
Tamén no seu programa figura a creación do Consello de Medio Ambiente co gallo de argallar de xeito participativo as moitas medidas e proxectos en marcha en Poio neste eido.
PECHE DE CAMPAÑA
O equipo liderado por Gregorio Agís invita á veciñanza a participar na Festa de Fin de Campaña que os socialistas organizan este venres, a partires das 21.00 horas, no parque de Ánkar, na parroquia de San Salvador. Haberá intervencións do candidato e da número 2 e número 3 da candidatura, Silvia Díaz e Julio Casás. A cita estará amenizada con música e ofreceranse petiscos.
Relacionadas:
-
28M | Agís pecha a campaña ofrecendo un proxecto "integrador, de cambio e modernización" para Poio
Por Redacción |
-
28M | O PSOE de Poio quere aprobar un novo PXOM e favorecer a mobilidade con novas áreas de aparcamento
Por Oskar Viéitez |
-
28M | Regades confirma en Poio que o polígono de Fragamoreira é unha prioridade para a Zona Franca
Por Redacción |
-
28M | Gregorio Agís presenta 132 iniciativas transformadoras para Poio co aval da súa xestión
Por Oskar Viéitez |
-
28M | O ministro Iceta aplaude as "ideas clarísimas" do PSOE de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
28M | O Goberno declara a urxente ocupación dos terreos afectados pola ampliación da EDAR de Paxariñas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
28M | "Xerar riqueza, benestar e calidade de vida", a aposta de Gregorio Agís para ser alcalde de Poio
Por Redacción |