28M | Agís pecha a campaña ofrecendo un proxecto "integrador, de cambio e modernización" para Poio

Por Redacción
O PSdeG-PSOE de Poio, liderado por Gregorio Agís, celebrou este venres a Festa de Fin de Campaña cun multitudinario acto celebrado no parque de Ánkar, na parroquia de San Salvador.
O candidato á alcaldia e o seu equipo animaron á veciñanza a exercer o seu dereito ao voto este domingo e amosaron a súa ilusión de poder levar á práctica as máis de cen propostas que anuncian no seu programa electoral, avalados pola súa capacidade de xestión, de diálogo e por dar respostas ás verdadeiras necesidades do municipio.
"Ofrecemos un proxecto integrador, aberto a todas as persoas, un proxecto de cambio e de modernización do concello para que Poio avance. Traballaremos pola mellora das infraestruturas, dos servicios, do funcionamento do propio concello cun proxecto ambicioso e real", afirmou Gregorio Agís na súa intervención.
Insisten en que o seu é un "proxecto construtivo, en positivo" e pon en valor o labor xa realizado no último mandato formando parte do goberno municipal como a recuperación da illa de Tambo e dos núcleos tradicionais, a depuradora de Samieira e Raxó, os avances na materialización da gran senda do litoral e no polígono de Fragamoreira, así como a achega de máis de 6 millóns de euros en Fondos Europeos para o Concello.
No acto tamén interviñeron a número 2 da candidatura, Silvia Díaz, e o número 3, Julio Casás.
Silvia Díaz criticou que a oposición representa o pasado, "como quedou demostrado cunha campaña na que amosaron que teñen cero iniciativas, cero propostas e ningunha novidade para Poio. Fronte aos bulos, ao descrédito e á confrontación, nós ofrecemos un equipo de persoas capacitadas, cun programa de futuro, construtivo, traballamos por un Poio que funciona".
Relacionadas:
-
28M | "As nosas siglas son Poio", afirma o candidato do PSOE á Alcaldía, Gregorio Agís
Por Oskar Viéitez |
-
28M | O PSOE de Poio quere aprobar un novo PXOM e favorecer a mobilidade con novas áreas de aparcamento
Por Oskar Viéitez |
-
28M | O PP de Poio pregunta ao goberno local polos aparcamentos prometidos hai un ano na leira de Coca-Cola
Por Redacción |
-
28M | Regades confirma en Poio que o polígono de Fragamoreira é unha prioridade para a Zona Franca
Por Redacción |
-
Avanza a modificación do PXOM de Poio para dotar a Raxó dunha nova praza pública
Por Redacción |
-
28M | O ministro Iceta aplaude as "ideas clarísimas" do PSOE de Poio
Por Oskar Viéitez |