Escolares de Salcedo reciben os carnés de "ciberexpertos"
Por Redacción
Este xoves tivo lugar o acto de entrega dos carnés de "ciberexpertos" outorgados pola Policía Nacional a unha vintena de alumnos do CEIP de Cabanas, en Salcedo.
No acto participaron a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, a comisaria en funcións da Comandancia de Pontevedra, Montserrat Hernández, e dous axentes da Unidade de Protección Cidadá.
Este acto foi a culminación da aplicación do programa Ciberexpert@s desenvolvido pola Unidade de Protección Cidadá da Policía Nacional de Pontevedra e mediante o cal se pretende sensibilizar, concienciar e formar ao alumnado destes centros dos riscos existentes ao utilizar as redes sociais e dos recursos e mecanismos existentes para protexerse ante estes perigos.
O programa, cunha duración de cinco horas lectivas, está dividido en dez unidades didácticas nas que, entre outras cuestións, incídese en aspectos como o ciberacoso, a suplantación de identidade, o grooming, o sexting, tecnoadiccións, normas para manter a privacidade dos usuarios, así como recursos e consellos para realizar unha navegación segura.
Neste acto a subdelegada tivo unhas palabras de recordo para a directora do colexio, recentemente falecida, e agradeceu a súa implicación neste programa para que o alumnado do CEIP de Salcedo puidera contar cunha formación que fora máis alá do currículo escolar.
Relacionadas:
-
O CEIP de Cabanas - Salcedo triunfa no 40 Concurso Escolar da ONCE en Galicia
Por Redacción |
-
Un de cada cinco delitos que se cometen en Galicia son telemáticos
Por Redacción |
-
Os estudantes de sexto de Primaria de Marcón xa teñen o seu carné de ciberexpertos
Por Redacción |
-
Escolares do colexio de Marcón recibiron o carné de "ciberexperto"
Por Redacción |
-
Doce escolares de Ponte Sampaio reciben o "carné de ciberexperto"
Por Redacción |