![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/03f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64807cfba3-c938567f-3ef7-4adc-85a3-1099b39216f6.jpg)
© Subdelegación do Goberno
Un de cada cinco delitos que se cometen en Galicia son telemáticos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/dea/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64807d32ba-127e3d48-201b-40e0-a7cb-97cd54e96e18.jpg)
© Subdelegación do Goberno
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, sinalou que "un de cada cinco delitos que se cometen en Galicia son telemáticos", de aí a importancia de fomentar entre a mocidade un uso responsable das redes sociais, protexendo sempre os seus datos e a súa intimidade.
Larriba fixo estas declaracións durante a entrega de carnés a 9 estudantes de 6º de Primaria do colexio Juan Sebastián Elcano, que participaron no curso de Ciberexperto impartido pola Policía Nacional.
A subdelegada valorou positivamente a formación que ofrece a Policía Nacional aos escolares da provincia para previlos dun mal uso de Internet e as redes sociais e evitar así ser vítimas de ciberdelitos.
Ademáis destacou a necesidade de concienciar aos menores, nativos dixitais, dos perigos aos que se expoñen nas redes e facilitarlles ferramentas para unha boa xestión da súa información.
Maica Larriba informou que tanto a Policía Nacional como a Garda Civil están a facer un gran labor educativo nesta materia ofrecendo charlas nos centros educativos da provincia no marco do Plan Director de Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas e baixo o programa Ciberexpertos.
Co desenvolvemento desta iniciativa, a Policía Nacional trata de sensibilizar e formar aos menores co obxectivo de minimizar os riscos que poden atopar no uso cotidiano das TIC.
Tamén se pretende familiarizar aos menores e á súa contorna educativa e familiar no uso de ferramentas para unha navegación máis segura e capacitar aos escolares no uso responsable das redes sociais.
No acto de entrega, a subdelegada estivo acompañada polo comisario provincial, Juan José Díaz, e dous axentes da Unidade de Protección Cidadá.
Relacionadas:
-
"Damos o teléfono a menores e é máis perigoso que darlles as chaves do coche"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Grande-Marlaska pide á mocidade do Toural, en Vilaboa, que sexa "protagonista" da seguridade física e virtual
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Alentan aos escolares ciberexpertos a formar ás súas familias sobre os perigos da internet
Por Oskar Viéitez |
-
Catro colexios e 71 novos ciberexpertos con carné
Por Redacción |
-
Trinta anos da 'Raia' da UIP na provincia
Por Redacción |
-
Os estudantes de sexto de Primaria de Marcón xa teñen o seu carné de ciberexpertos
Por Redacción |
-
Maica Larriba valora a formación da Policía aos escolares para previlos de ciberdelitos
Por Redacción |
-
Escolares de Salcedo reciben os carnés de "ciberexpertos"
Por Redacción |
-
Escolares do colexio de Marcón recibiron o carné de "ciberexperto"
Por Redacción |
-
Doce escolares de Ponte Sampaio reciben o "carné de ciberexperto"
Por Redacción |