Trinta anos da 'Raia' da UIP na provincia
Por Redacción
Cúmprense 30 anos da creación da Unidade de Intervención Policial con base en Vigo e para celebrar este aniversario a Comisaría local acolleu un acto de conmemoración da 'Raia 30', en referencia ao indicativo que locen os axentes.
Ao acto, celebrado o pasado sábado, asistiron uns sesenta compoñentes daquela unidade fundada en 1993 provenientes de distintas localidades de España.
Tomaron a palabra o inspector xefe que a mandaba por aquelas datas, Juan Carlos Bará Torres, o inspector xefe responsable na actualidade da VIII Unidade de intervención policial con base en Galicia (A Coruña -Vigo) Félix Seguro Morales, contando ademais coa presenza do comisario responsable da Brigada Local de Policía Xudicial da Comisaría de Vigo, Alfonso Medrano.
O acto contou coa intervención do capelán castrense Juan José Membrive Carreño que tivo unhas palabras de recordo para os membros falecidos da citada unidade.
Ademais exhibiuse un vídeo recompilatorio dos distintos operativos de seguridade cidadá e orde pública ao longo do territorio nacional nos que esta unidade tivo destacada participación.
Unha vez concluído o evento os asistentes desprazáronse ao hotel Coia de Vigo onde se celebrou unha comida de confraternidade.