A subida de prezos leva á protectora Os Palleiros a cobrar 80 euros por adopción
Por Redacción
A Protectora de Animais Os Palleiros informou que a partir do próximo día 15 de maio "las adopciones pasarán a tener un coste de 80 euros".
Nun comunicado difundido pola Protectora nas súas redes sociais explican que "no buscamos ganar dinero con esto. Solo disminuir los gastos que nos supone".
Desde Os Palleiros lembran á cidadanía que os cans saen da protectora "chipeados, desparasitados, con las vacunas al día y castrados" e que "los 60 euros que estábamos cobrando ahora no llegan ni para cubrir la mitad de gastos que esto supone".
Ata o de agora a Protectora de Animais foi "capeando" a situación "pero ante la subida de absolutamente todos los precios que estamos padeciendo, nos vemos en la obligación de tomar esta decisión para compensar un poco los gastos y poder seguir cubriendo una parte".
"Esperamos que nos comprendáis", engaden.
Este domingo o Teatro Principal de Pontevedra acollerá a representación do musical "Mamma mia!" que terá unha faceta solidaria cunha recadación a favor das asociacións animalistas, entre elas Os Palleiros e a canceira de Poio.
Relacionadas:
-
Atopan un can sen chip e "en moi mal estado" preto do Pontillón do Castro
Por Almu Dapena |
-
O CAAN pon en marcha un proxecto de familias de acollida para cans recén nados
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra, punto de encontro para os amantes das mascotas
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Un percorrido polos locais máis ‘guau’ de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada