Un percorrido polos locais máis ‘guau’ de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Esta noticia márcase como obxectivo informar, pero tamén que vostede, querido lector, nos infome. O que vostede vai ler a continuación é o resultado das vivencias de pontevedreses con mascotas e amantes dos animais e tamén dun percorrido desta redacción por distintos puntos da cidade que nace da convicción de que se pode (e debe) ampliar e actualizar. Ata onde non chegamos, pedimos colaboración de todas aquelas persoas que teñan algo que achegar para que nos axuden a ir enriquecéndoa.
*****Ao final desta información achégase unha lista elaborada por PontevedraViva que nos gustaría ir ampliando con colaboración cidadá. Poden achegarse novos datos a través do correo electrónico (e consulte aquí unha galería de fotos).
"Pontevedra é unha cidade canina". Encarna Pol, propietaria da tenda de mascotas 'Pequeñtos y adorables', pode corroboralo pola clientela que acode ao seu establecemento e pola súa experiencia persoal, pois tres cans forman parte da súa familia e, aínda que agora van xa maiores, sempre a acompañaron a todos os seus plans. Con esa afirmación refírese a que a poboación canina é cada vez maior na cidade e tamén a que cada vez os negocios vanse adaptando mellor a acoller a esta clientela de catro patas que, como mellores amigos dos pontevedreses, os acompañan a bares, restaurantes, hoteis e comercios de todo tipo.
Durante anos, Pol elaborou unha lista de locais da cidade que admiten mascotas. Acudía con Bruno, o seu can, fotografábase con eles e entregaba ao negocio un distintivo coa pegada dun can que os identificaba como amigables cos animais, o popularmente coñecido en inglés como Pet Friendly ou Dog Friendly. Hai xa anos que a falta de implicación de terceiros a levou a abandonar a súa causa, pero, pola súa experiencia, si pode asegurar que cada vez se dan máis pasos positivos. "Cada vez a xente está mais concienciade", asegura.
Un percorrido por Pontevedra en busca de locais amigos dos cans e das mascotas en xeral complícase porque son moi poucos os locais que o reflicten nas súas portas ou escaparates. A primeira conclusión deste roteiro é que os locais amigables coas mascotas aumentaron nos últimos anos para adaptarse a unha sociedade na que cada vez máis fogares contan con mascotas e, sobre todo, con cans. En Pontevedra había en 2021 máis cans que nenos. Fronte aos 15.653 cans recollidos no censo, había 11.043 nenos menores de 15 anos.
Segundo estas estatísticas, hai un can por cada cinco habitantes, e vese reflectido nos locais. O negocio de hostalería máis amigable dos localizados neste percorrido é ‘O Bo Xantar’, en Eduardo Pondal, aínda que lamentablemente, motivos persoais levaranlles a pechar a finais de agosto. Os seus donos, Chantal e Jonhi, con 4 cans na familia, confirman que "agora cada vez máis locais implícanse", pero "ao principio, había que buscalos moito".
Iso si, poucos como eles, que ademais de dar a benvida aos cans xa na propia cristaleira exterior, contan cunha zona delimitada cunha cama, teñen un recipiente con auga na porta, poñen outro a cada cliente canino e a todos danlles chuches nada máis coller mesa. O propio local está cheo de carteis con iniciativas solidarias cos animais.
O habitual en Pontevedra é que todos os locais de hostalería admitan animais nas súas terrazas, pero dentro non son moitos. O Bo Xantar é un exemplo de integración como tamén Hama Bar, en Marqués de Aranda. Este local fai seu o lema de "Pontevedra é Boa Vila, dá de beber a quen pasa" e reprodúceo nun cartel exterior á beira dunha billa que "sempre está aberto e ten auga".
Luís López, o seu propietario faio "polas mascotas; eu tamén teño e gústame coidala" e garante que todos os seus clientes caninos teñan tamén sempre un tarro cheo de auga, que "sobre todo, nos días de calor, agradécese". Ademais, no seu local, non só este servizo na terraza, tamén no interior, si ben percibe que a clientela "prefire quedar fóra, en especial se teñen cans grandes".
En Hama dan de beber e na bocatería Tris, de comer. Diego, o seu dono, hai xa anos que empezou a servir auga en tarros a todos os cans que ocupaban a súa terraza e recentemente engadiu un novo servizo porque "había xente que pedía máis bocadillo e dáballe da súa comida" e detectaron que mesmo "había cans que tiñan ansiedade ao ver a todos comendo". Agora, vende comida para cans, 200 gramos por 2 euros.
Buscan "comida de moita calidade" e que o can estea cómodo como o humano que o acompaña. Ademais, se o can é pequeno, tamén pode estar no interior co resto da familia. Os cans grandes non os autoriza "por falta de espazo", pois é un local pequeno no interior. Xusto esta mesma situación vívena en Delicious Bakery nas galerías da Oliva, na terraza dan a benvida a todos, pero dentro tan só aos máis pequenos, ao haber moi pouca opción para que o can se mova polo seu espazo reducido.
Do mesmo xeito que nos locais de hostalería, tamén no comercio danse todo tipo de situacións. En todas as tendas do grupo Inditex ou en Mango poden entrar sen ningún problema e tamén en negocios locais como Lagasca Vintage, nos soportais da Ferrería.
Mercedes Escauriaza, a súa dona, dá a benvida a todas as mascotas porque "considero que non van facer nada malo" e, de feito, só ten unha prohibición de acceso, "non deixo entrar a ninguén con comida nin bebida, sobre todo, con xeados", pois si poden danarlle o xénero. En canto aos cans, se a tenda está moi chea, pregunta ao resto da clientela se ten algún inconveniente e nunca tivo ningún problema.
O distintivo que no seu día repartiu Encarna Pol aínda pode verse nalgún local como El Rincón de los Perfumes da rúa Sagasta, no que "todos son benvidos", segundo Nieves, a súa dona. Tamén hai negocios de nova creación que carecen de distintivo, pero acollen a todo can que entre pola porta. En Culebra, en San Antoniño, Cecilia, unha das súas donas, mesmo leva ás veces ao seu can e tanto el como os clientes conviven na tenda. "E nunca tivemos ningún problema", confirma.
Case enfronte, na farmacia de San Antoniño, esa calorosa benvida mesmo leva a dar chuches aos cans que entran co seu humano e, a poucos metros, en Percalandia, Rubén, o seu responsable, recíbos cos brazos abertos xa desde a porta cun cartel que reza: "Estimado amigo perruno o gatuno, eres bienvenido en Percalandia, pero por favor, controla a tu human@ que no ensucie".
"No meu local, os animais teñen cabida sempre. Non lle poñemos límites, que entren, que todo está para romper", di Rubén, que ten na familia un can e dous gatos e non dubida en axudar a todos os transeúntes con mascotas en apertos. Ten claro que se vai a un local e non admiten mascotas, "entón, tampouco admiten humanos, a min, non".
CONTACTO: natalia.puga@pontevedraviva.com
Comercios
- Base Chema Sport e Chema Sneakers, Rúa Benito Corbal 14 y Calle Daniel de la Sota Valdecilla 9, 36001 Pontevedra
- Calzados El Precio Justo, Rúa César Boente, 3, 36002 Pontevedra
- Mercería Fíos, Avenida Vigo 36, 36003, Pontevedra
- Aury Xoiería, Daniel de la Sota, 9 bajo 36001 Pontevedra
- Libraría Paz, Rúa Peregrina, 29, 36003 Pontevedra
- Libraría D Lectum, Rúa Rosalía de Castro, 14, 36001 Pontevedra
- Rei Zentolo, Praza da Peregrina, 2, 36001 Pontevedra
- Nikis Ponevedra, Rúa Peregrina, 8 36001 Pontevedra
- Todas as tendas de produtos especificos para macotas
- Percalandia, Rúa San Antoniño, 9, 36001, Pontevedra
- Lagasca Vintage, Rúa dos Soportais, 7, 36001, Pontevedra
- Los Bordados de Isabel, Rúa Peregrina, 66, 36001, Pontevedra
- Carnaby, Rúa Manuel Quiroga, 13, 36002 Pontevedra
- La Casa de las Carcasas, Rúa de Benito Corbal, 16, 36001, Pontevedra
- Crack Hogar, Plaza de Barcelos, 6, 36002, Pontevedra
- Todos os establecementos Inditex: Zara, Zara Home, Stradivarius, Massimo Dutti, Oysho, Bershka, Pull & Bear.
- Mango, Rúa Benito Corbal 8 e 27, 36001, Pontevedra
- Springfield, Rúa Benito Corbal, 21, 36001, Pontevedra
- Perfumería Muchas, Rúa Xeneral Gutiérrez Mellado, 4, Baixo, 36001, Pontevedra
- Happy Souvenirs & Regalos, Rúa Xeneral Gutiérrez Mellado, 4, Bajo, 36001, Pontevedra
- Jomafer, Rúa Peregrina, 5, 36001, Pontevedra
Hostalería
- Pool House. Rúa Palamios, 5, 36001 Pontevedra
- Bar Chester, Rúa Sarmiento, 38, 36002, Pontevedra
- Bar Sonata, Rúa Peregrina, 66, 36003 Pontevedra
- Café Museo da Historia, Rúa Arcebispo Malvar, 30, 36002 Pontevedra
- Bar Nandy's, Rúa Celso Emilio Ferreiro, 36005 Pontevedra (ao carón da Illa das Esculturas)
- O Bo Xantar Café-Bar, Rúa Eduadrdo Pondal, 9, 36003 Pontevedra
- Hama Bar, Rúa Marqués de Aranda, 5, 36002 Pontevedra
- Limon Brunch, Rúa da Virxe do Camiño, 26, 36001 Pontevedra
- Rumore Lounge Pub, Rúa da Virxe do Camiño, 9, 36001 Pontevedra
- Delicious Bakery, Galerías de la Oliva, 2, 36001 Pontevedra
- Bruc, Plaza del Teucro, 2, Bajo, 36002 Pontevedra
- Cafetería Don José, Rúa Padre Fernando Olmedo, 2, 36002 Pontevedra
- La Hormiga, Campillo de Santa María, 6, 36002 Pontevedra
- Cervecería Blackbird, Rúa San Sebastián, 19, 36002 Pontevedra
- El Pavero, Campillo Santa María, 4, 36002, Pontevedra
- Soulbeer, Rúa Alta, 9 - Bajo, 36002 Pontevedra
- El Barullo, Rúa Princesa, 15, 36002 Pontevedra
- Sirius, Rúa da Curtidoira, 2, 36003 Pontevedra
- Azucarillo Cafetería Bar, Rúa José Adrio Barreiro, 1, 36004 Pontevedra
- Bar Ladeleo, Travesía da Eiriña, 1, bajo, 36004 Pontevedra
- Ye Olde Basset, Avenida Santa María, 4, 36002 Pontevedra
- O Diaño, Travesía Charino, 33, 36002 Pontevedra
- O Grifón, Rúa Real, 14, 36002 Pontevedra
- Bar 5 Calles, Rúa Isabel II, 31, 36002 Pontevedra
- Ánimas, Enfesta de San Telmo, 6, 36002 Pontevedra
- Pequeño Karma, Travesía Charino, 29, 36002 Pontevedra
- Cafetería Maxisterio, Rúa Salustiano Portela Pazos, 1, 36002 Pontevedra
- Bar Balea, Rúa Cruz Vermella, 8, 36002 Pontevedra
- Tío Gilito Burger&Bar, Rúa Herreros, 236001 Pontevedra
- Cralem, Javier Puig Llamas, 5, 36001 Pontevedra
- Bar Sánchez, Rúa Marquesa, 6, 36002 Pontevedra
Hoteis
- Hotel Madrid, Rúa Andrés Mellado, 5, 36001 Pontevedra. É o establecemento hostaleiro máis acolledor coas mascotas. Non cobran suplemento nin teñen límite de número de cans ou o tamaño dos meses. Tan só é preciso avisar de que irá unha mascota e mesmo terán un agasallo.
- Hotel Rúas, Rúa Sarmiento, 20, 36002 Pontevedra. Tan só admite cans de pequeno tamaño.
- Hotel Galicia Palace, Avenida de Vigo, 3, 36003 Pontevedra. O primeiro can de menos de 20 quilos é de balde e se pesa máis, cobran 25 euros por día. Os cans de máis de 20 quilos pagan 20 euros por cada xornada. Non poden entrar na cafetería e o restaurante e non poden quedar sós.
- Casa Rural A Capela da Granxa, As Pontes-Bora, 27, 36154 Pontevedra
- Casa Rural Villa Verde, Berducido de Xeve Outeiriño, 12, Pontevedra
Farmacias
- Farmacia García Bodaño López, Carlos R, Rúa San Antoniño, 3, 36002 Pontevedra
- Farmacia Amaro y Area, Rúa de Benito Corbal, 15, 36001 Pontevedra
- Farmacia C. Carballo, Rúa Oliva, 30 Esquina Rúa Marqués de Riestra, 36001, Pontevedra
Estancos
- Estanco. Exp. 14, Rúa Benito Corbal, 1, 36001 Pontevedra
- Estanco Exp. 17 Justanes, Rúa Padre Fernando Olmedo, 2, 36002 Pontevedra
- Estanco La Palma Real, Rúa da Palma, 2, 6, 36002 Pontevedra