Gandeiros e agricultores piden axudas por graves danos do temporal
Por Redacción
Gandeiros e agricultores afiliados ao Sindicato Labrego Galego solicitaron á Consellería de Medio Rural que arbitre urxentemente un plan para avaliar e posteriormente paliar os "gravísimos" danos causados este Nadal polo temporal nas explotacións agrarias.
Os fortes refachos de vento causaron danos nas estruturas dos invernadoiros, en cubertas de naves e en diferentes infraestruturas.
Dende o sindicato aseguran que tamén as chuvias orixinaron perdas en cultivos, anegaron explotacións e arrastraron terras, danos aos que hai que unir os cortes prolongados de subministración en moitas comarcas.
Relacionadas:
-
Acusan á Xunta de "abandonar á súa sorte" as explotacións damnificadas polos temporais
Por Redacción |
-
Avalían os danos causados polo último temporal para subsanalos "o antes posible"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
As brigadas provinciais actúan de urxencia para reparar danos provocados polo temporal
Por Redacción |