As brigadas provinciais actúan de urxencia para reparar danos provocados polo temporal
Por Redacción
Co obxectivo de repoñer danos ocasionados polo temporal en diversas vías da provincia, a Deputación iniciou unha serie de intervencións de urxencia.
Durante as últimas horas, as brigadas tiveron que realizar traballos na estrada provincial (EP) Marco-Tomeza-Figueirido que, debido aos anegamentos de auga, tivo que ser cortada. O mesmo sucedeu na EP Caldas-Vilanoviña na que foi preciso cortar un carril no quilómetro 5, á altura de Pazos de Lantaño, en dirección a Caldas.
Tamén foi necesario que se acometesen traballos no concello de Marín por un desprendemento de terra na estrada Seixo-Santo Tomé de Piñeiro, debaixo da Vía Rápida, provocou o corte dun carril.
No concello de Moraña produciuse outra grave incidencia na EP Mané-Rebón. Alí, á altura da ponte de Cornide, unha derruba ocupou a metade da calzada e a outra metade presentaba un mal estado, segundo a información transmitida pola Deputación Provincial.
A estrada Muiños Novos-Tabueiros no concello de Ribadumia tamén se viu afectada polas chuvias e apareceu inundada dende a Piscina de Ribadumia ata a gasolineira de Pontearnelas.
As brigadas provinciais tamén tiveron que intervir ante as numerosas caídas de árbores nas estradas que levaban consigo un perigo importante para o tráfico.
Relacionadas:
-
Preocupación en Sanxenxo pola imaxe "desoladora" que deixou o temporal nas súas praias
Por Redacción |
-
Gandeiros e agricultores piden axudas por graves danos do temporal
Por Redacción |
-
Avalían os danos causados polo último temporal para subsanalos "o antes posible"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A borrasca estraga parte das instalacións do porto deportivo de Aguete
Por Diego Torrado |
-
O Umia volve desbordar e córtase o tráfico na estrada entre Caldas e Vilanoviña
Por Redacción |