O beneficio de ENCE duplícase tras a sentenza do Supremo que garante a permanencia da fábrica de Lourizán
Por Oskar Viéitez
A Xunta Xeral de Accionistas de ENCE aprobou este venres as contas do exercicio 2022, no que Ence obtivo un beneficio neto consolidado de 247 millóns de euros.
Ence obtivo un beneficio neto de 30,4 millóns de euros no primeiro trimestre do ano, segundo informou a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
Este incremento dun 131,5% con respecto aos 13,1 millóns de euros do mesmo período do exercicio anterior, chega tras as sentenzas ditadas o pasado 7 de febreiro polo Tribunal Supremo, que confirmaron a validez da prórroga da concesión da fábrica da compañía en Pontevedra ata o ano 2073.
Os fortes prezos da celulosa e os bos resultados operativos tamén impulsaron o beneficio da compañía, a pesar da parada que tivo que realizarse na fábrica de Lourizána durante o segundo semestre do ano, como consecuencia da seca.
A débeda financeira neta do Grupo situouse en 128 millóns de euros a peche do trimestre, mentres que o seu saldo efectivo ao peche do trimestre situouse en 350 millóns.
Así mesmo, a Xunta de Accionistas aprobou a distribución dun dividendo complementario de 0,29 euros brutos por acción (70 millóns de euros) con cargo aos resultados de 2022, que se abonará o próximo 18 de maio de 2023. Este dividendo súmase ao distribuído en marzo, tamén de 0,29 euros brutos por acción e aos 67 millóns distribuídos a conta dos resultados de 2022.
O presidente de Ence, Ignacio Colmenares, afirmou na súa intervención que o Grupo ten ante si "un futuro de crecimiento y diversificación" nos seus diferentes negocios tanto de celulosa como no de renovables.
Relacionadas:
-
Ence admite perdas de 4,2 millóns de euros no primeiro semestre de 2023
Por Redacción |
-
Ence iniciará o domingo a súa parada técnica anual, que se prolongará ata o 5 de xullo
Por Redacción |
-
Ecoloxistas en Acción pon unha bandeira negra á sentenza do Supremo sobre ENCE
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O Estado tamén pide a nulidade da sentenza do Supremo sobre Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Ence reafirma o seu compromiso coa economía local a través do Plan Social
Por Noticia patrocinada |
-
A APDR acode á Unión Europea contra a prórroga de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE investirá na fábrica de Lourizán "lo que sea necesario" para que sexa "competitiva"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |