Ence reafirma o seu compromiso coa economía local a través do Plan Social
Ata o 10 de maio está aberto o prazo de presentación de solicitudes á cuarta convocatoria do Plan Social para Pontevedra de Ence – Energía y Celulosa. Este Plan é unha das iniciativas sociais de maior envergadura levada a cabo por unha empresa privada en España.
Ata o 10 de maio pódense presentar solicitudes ao Plan Social de Ence
A posta en marcha do Plan Social de Ence Pontevedra resulta esencial para o conxunto da economía local, garantindo a continuidade e supervivencia de empresas, clubs, entidades e colectivos especialmente sensibles, á vez que sostén a creación de emprego e xeración de riqueza.
O compromiso de Ence co futuro da sociedade pontevedresa materialízase en 6 áreas de actuación cun orzamento anual de 3 millóns de euros: Loita contra a exclusión social (530.000 €), Recuperación e coidado da contorna (400.000 €), Axudas veciñais diversas (200.000 €), Apoio e axudas á educación e cultura (300.000 €), Impulso ao emprendemento e a innovación (600.000 €), e Apoio ao deporte de base (900.000 €). Cada solicitante deberá seleccionar unha área de actuación, atendendo ás características do seu proxecto.
Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas físicas ou xurídicas que presenten proxectos a desenvolver no ámbito territorial de Pontevedra, Marín e Poio, os municipios da zona máis próxima á biofábrica. Excepcionalmente, poderanse apoiar proxectos noutras áreas, principalmente relacionados con actividades forestais e de coidado do medio ambiente.
Nas convocatorias anteriores resultaron beneficiarios 811 proxectos
Despois da grande acollida que tivo o Plan nas súas anteriores edicións, nas que resultaron beneficiarios un total de 811 proxectos, a compañía confía no éxito desta nova convocatoria e en poder seguir contribuíndo activamente á mellora da calidade de vida dos seus veciños, o coidado da súa contorna e ao crecemento económico da comarca.
Como en anteriores ocasións, nesta nova edición do Plan Social Pontevedra, as solicitudes de axuda presentaranse a través da páxina web www.plansocialence.es, onde tamén se poderán consultar as bases desta convocatoria e toda a información das precedentes. Ademais, para realizar calquera consulta relacionada co Plan, a empresa ten habilitada unha conta de correo (plansocialpontevedra@ence.es) e un teléfono (627 826 069) operativo de luns a xoves en horario de 9:00h a 14:00h e de 16:00 a 18:00, e os venres de 8:00h a 15:00h.