Un auditorio ao aire libre no Miradoiro, proposta estrela do BNG para Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño
Monte Porreiro ten "inmensas potencialidades", segundo destaca o alcalde de Pontevedra, que asegura ter un "interese especial e persoal" en poñer en valor todo o atractivo do barrio. Por iso é polo que o programa electoral do BNG reserve a esta zona un apartado específico.
Faino a través dun plan integral de mellora do barrio que os nacionalistas denominaron "Monte Porreiro 2030" e co que, sostivo Miguel Anxo Fernández Lores, buscan "avanzar nas melloras que necesita e lograr a calidade de vida que merece".
"Teño confianza nas posibilidades de Monte Porreiro", subliñou Fernández Lores, que pediu a complicidade do tecido social dun barrio que "ten moito futuro". Engadiu que "se todos arrimamos o ombreiro imos sacalo para adiante, sen nigún tipo de dúbida".
Entre as propostas do BNG destaca a creación dun gran auditorio ao aire libre no parque do Miradoiro con "capacidade suficiente" para avanzar na oferta cultural de Pontevedra. "É o que nos falta e este é o espazo máis axeitado para acollelo", defendeu o alcalde.
Nas melloras dos equipamentos, o programa "Monte Porreiro 2030" inclúe o novo pavillón de tenis de mesa, a reforma integral do centro social do barrio ou melloras nos campos de fútbol e rugby, con actuacións específicas na súa contorna.
Converter Monte Porreiro na terceira área de rehabilitación integral do municipio, xunto co centro histórico e Estribela, para favorecer a reforma do parque residencial o barrio é outro dos compromisos esbozados por Lores na súa comparecencia.
A iso, o actual rexedor sumou unha actuación integral para mellorar os espazos públicos do barrio e avanzar en propostas de mobilidade amable, priorizando "zonas sensibles" como centros educativos, sociais, sanitarios ou culturais.
Fernández Lores, pola súa banda, tamén aposta por aumentar os "corredores verdes" de Monte Porreiro e, entre outras cuestións, achegar a senda do Lérez á trama urbana do barrio, eliminando especies invasoras e plantando árbores autóctonas.
Relacionadas:
-
Lores afirma que "se os inimigos do feminismo chegan ao poder, volverán a poñer o nome do rei emérito no rueiro"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A Moureira, o eixo do BNG para recuperar a fachada marítima entre Bos Aires e Rosalía de Castro
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Lores presenta un programa "sólido e realista" para impulsar "a Pontevedra que avanza"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores avisa os integrantes da súa candidatura: "os inimigos de Pontevedra son moi poderosos"
Por Redacción |
-
Recuperar a bienal de arte e centrala na creación e o deseño, primeira iniciativa electoral do BNG
Por Manu Otero |
-
Lores presenta os seus compañeiros de viaxe na candidatura do BNG á alcaldía de Pontevedra
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |