Lores avisa os integrantes da súa candidatura: "os inimigos de Pontevedra son moi poderosos"
Por Redacción
Miguel Anxo Fernández Lores, candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra e actual rexedor, mantivo un encontro este sábado cos integrantes da súa candidatura e co comité electoral de campaña a falta dun mes de que se celebren as eleccións municipais para establecer os criterios a seguir durante as próximas semanas.
Segundo manifesta, a ilusión "era palpable" entre o equipo pero o líder nacionalista advertiu dos perigos que poden aparecer polo camiño porque "os inimigos do modelo, os inimigos de Pontevedra son moi poderosos".
Fernández Lores realizou un chamamento a todas as persoas que queren a Pontevedra para seguir traballando xuntos, "para que Pontevedra siga avanzando" porque, asegurou, se agarda un novo tempo que supoñerá un relanzamento da cidade a través de "grandes proxectos ilusionantes".
Avisou ás persoas que integran a súa candidatura da posibilidade de presión e xogo sucio que se pode producir ao longo deste mes previo ao 28M. O candidato nacionalista pediu ao seu equipo que non escatime esforzos para evitar que traten de frear o avance de Pontevedra.
Durante este encontro abordouse o programa electoral e os actos públicos que se convocarán ao longo da campaña.
PONTEVEDRA, "REFERENTE" EN LECER E CULTURA
O candidato do BNG á alcaldía manifestaba durante as últimas horas que Pontevedra é unha cidade "referente" en lecer e cultura.
Desta forma, Fernández Lores acudía o venres ao recital de Fuxan vos Ventos en Cantos de Taberna e durante o sábado achegábase ao concerto do ciclo Cabos Soltos e tamén á proposta do grupo Chévere na Praza da Curtidoira interpretando 'As Fillas Bravas e o Mito de Casandra' durante a mañá, mentres que ao longo da tarde asistía ao partido do Club Waterpolo Pontevedra, celebrado en Marín, e daba a saída á Pontevedrada 2023.
Relacionadas:
-
Lores aposta por completar a rede de instalacións para que Pontevedra siga sendo unha referencia no deporte
Por Redacción |
-
Lores reclama colaboración entre institucións para mellorar a rede viaria de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
A Moureira, o eixo do BNG para recuperar a fachada marítima entre Bos Aires e Rosalía de Castro
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Lores presenta un programa "sólido e realista" para impulsar "a Pontevedra que avanza"
Por Alejandro Espiño |
-
Un auditorio ao aire libre no Miradoiro, proposta estrela do BNG para Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |
-
Recuperar a bienal de arte e centrala na creación e o deseño, primeira iniciativa electoral do BNG
Por Manu Otero |
-
Urbtopías: "Pontevedra is not only a city, it is a way of life"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Lores acusa a Costas de "sabotear" os intereses de Pontevedra: "Decidiron non facer nin deixar facer"
Por Alejandro Espiño |