Ana Granja lidera unha candidatura do PP coa que quere recuperar a forza de Vilagarcía
Por Redacción
Luís López, presidente do Partido Popular de Pontevedra, destacou este domingo que Vilagarcía de Arousa "quere unha alcaldesa como Ana Granja, coa que recuperar a forza e o potencial que ten esta cidade".
As palabras eran pronunciadas no acto de presentación da candidatura coa que o PP acudirá á cita coas urnas o próximo 28 de maio. No acto estivo presente a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor.
López durante a súa intervención afirmou que chegan a esta convocatoria "máis unidos que nunca" e asegurou que "somos un partido de maiorías, que representamos á maioría dos vilagarciáns". Tamén explicou que estas eleccións son moi importantes "para decidir sobre o futuro da cidade, pero tamén porque son a primeira oportunidade para cambiar o Goberno de España".
Destacou que o actual alcalde, Alberto Varela, é o "candidato de Pedro Sánchez. Cada vez que tivo que elixir, sempre elixiu o seu partido por encima dos intereses e das necesidades das súas veciños".
Ana Granja, a candidata á alcaldía, tamén se centrou na necesidade dun cambio e agradeceu a participación de 27 homes e mulleres na lista "que representan o mellor de Vilagarcía e que están chamados a construír esa cidade mellor que todos queremos".
A candidata popular aposta pola proximidade cos residentes na vila, a diferenza do que realizou o actual goberno durante o seu mandato, expuxo.
Granja estará acompañada, nos primeiros postos da lista, por Juan Andrés Bayón, María Elena Suárez, Jesús Rey, Roberto Domínguez, Raúl Santamaría e Marta María Ferradáns