Ana Granja, candidata do PP á alcaldía en Vilagarcía de Arousa
Por Redacción
Ana Granja confírmase como candidata do Partido Popular á alcaldía de Vilagarcía de Arousa nas próximas eleccións municipais, previstas para maio. A xestora do PP anunciábao a Luís López, presidente provincial do PP, durante a tarde do sábado nunha cita á que tamén asistía a secretaria xeral, Luisa Piñeiro.
Houbo un acordo entre Ana Granja e Juan Bayón, as dúas persoas que foran propostas pola xunta xestora e a decisión contou co apoio unánime tamén da xestora e do Comité Executivo Local, unha decisión ratificada pola dirección provincial do PP.
Luís López sinala a Ana Granja como unha muller con moita experiencia en política e que xa asumiu responsabilidades importantes no goberno local e tamén exerceu un papel na oposición. Segundo apunto trátase dunha candidata moi querida pola veciñanza de Vilagarcía. Tamén agradeceu a Juan Bayón, que ocupará o segundo posto na candidatura popular, o acordo alcanzando e explicou que é un mozo moi maduro e que ten moito presente e un futuro sen límites.
Ana Granja agradeceu o apoio e mostrouse "ilusionada" para devolver a Vilagarcía un Goberno "comprometido, transparente e sensato". A xa candidata é portavoz do grupo municipal do PP desde xaneiro de 2020.