O BNG de Cuntis presume dunha candidatura "renovada, plural e con marcado carácter feminista"
Por Oskar Viéitez
Liderada por mulleres, o BNG presenta unha candidatura completamente renovada onde oito das once persoas non participaran anteriormente nunha lista, e plural, con persoas de distintas idades, sectores económicos, e na que están representadas a totalidade das parroquias do municipio.
A candidata á Alcaldía é Natalia Camiña que asegura que o obxectivo do BNG "é facer de Cuntis un concello con calidade de vida, seguro para as veciñas e veciños, que realice os investimentos que as parroquias necesitan, defenda os servizos públicos, o noso patrimonio arqueolóxico e natural e afronte os retos que supón a xestión da auga e dos residuos municipais".
A candidatura coa que o BNG aspira a gobernar Cuntis está formada por: Natalia Camiña (1), Eva Rodríguez (2), Vanessa Martínez (3), Héitor Picallo (4), Daniel Martín (5), Dores Chedas (6), Emilio Blanco (7), Irene Álvarez (8), Vanessa Fuentes (9), Iván Fontenla (10), Manuel Chao (11).
Como suplentes van Fernando Calvo (12), Mercedes Amado (13), Sonia Calvo (14), Kike Portela (15), Servando Fuentes (16), Lucía Villaverde (17) e Diego Torres (18).