O BNG de Moraña enche o Multiusos na presentación da candidatura que encabeza Marcos Suárez
Por Oskar Viéitez
O BNG presentou candidatura completa coa que concorrerá ás eleccións municipais en Moraña nun multitudinario acto celebrado este domingo no Multiusos de Santa Lucía.
Máis de 400 persoas quixeron arroupar a Marcos Suárez e ao seu equipo.
Presentou o acto o concelleiro nacionalista e número 3 da candidatura Rubén Monteagudo, quen anunciou os 21 membros da lista entre os que destacan nove novas incorporacións "que se unen a un equipo contrastado e cohesionado, que leva anos traballando con rigor e seriedade e a carón das veciñas e veciños de Moraña".
O concelleiro e responsable local do BNG agradecía ao resto de "compañeiros e compañeiras, que poderían encher unha segunda lista, polo seu compromiso, xenerosidade e esforzo".
O candidato do Bloque á Alcaldía, Marcos Suárez agradeceu emocionado os apoios recibidos, sinalando que "en 25 anos de militancia non recordaba un acto tan multitudinario neste concello". Suárez explicou que se sentía "enormemente orgulloso da candidatura extraordinaria que presentamos" conformada por persoas "con capacidade, formación e experiencia".
Marcos Suárez Redondo é o actual Portavoz do BNG de Moraña. Ten 49 anos, veciño de Mos en Saiáns, está casado e é pai de dous fillos. É Enxeñeiro Agrónomo e Enxeñeiro Técnico en Industrias Agrarias e Alimentarias e é funcionario da Xunta de Galicia.
A continuación figuran: Mariña Búa González (2), Rubén Monteagudo Fernández (3), Lucía Silva Gago (4), Diego Oliveira Aboy (5), Ruth Caramés Branco (6), Enrique Fernández Salgado (7), Iria Pereira Búa (8), Daniel Fernández García (9), Arantxa Ruibal Varela (10), Belén Viéitez Ferradáns (11).
Como suplentes: Luis Cancela González (12), Maite De Santiago Campos (13), Javier Acevedo Ferreira (14), Carmen Fariña Rey (15), Antonio Hervés Rivas (16), Alessia Ruibal Pereira (17), Jorge Núñez Casal (18), Nuria Piñeiro Camiño (19), Paula Calvo Ruibal (20) e Pablo Bernárdez Mato (21).