O anticiclón garante sol e altas temperaturas para os próximos días
Por Oskar Viéitez
Sol e boas temperaturas están garantidos para os próximos días. A previsión meteorolóxica é máis propia do verán que da primavera e obriga a recuperar a roupa do verán animando a estrear os bañadores.
Desde Meteogalicia destacan la influencia anticiclónica sobre Galicia.
Este venres entrará aire cálido de latitudes inferiores. Con esta situación, agárdase tempo seco, con presenza de nebulosidade de tipo alto que non impedirá o paso do sol. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, acadándose valores elevados para esta época do ano durante a tarde. Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos, con intervalos de moderado no extremo norte, cambiando a sur a partir do mediodía no litoral atlántico.
O sábado Galicia manterase con predominio anticiclónico. Continuaremos así con tempo seco e ceos con algunhas nubes altas. As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro ascenso, polo que novamente teremos valores elevados durante a tarde. O vento soprará frouxo de dirección variable.
Galicia quedará aínda protexida por unha cuña anticiclónica na xornada dominical, pero unha baixa extensa e profunda localizarase no Atlántico norte achegando aire algo máis húmido ao litoral. Deste xeito amenceremos con nubes baixas e néboas nas comarcas atlánticas, que tenderán a retirarse a partir do mediodía; no resto da Comunidade poucos cambios, con tempo seco e ceo con nebulosidade de tipo alto. As temperaturas mínimas non terán cambios, pero as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, con intervalos de moderado no litoral norte pola tarde.
Relacionadas:
-
As chuvias desaparecerán ao longo da semana para darlle a benvida a maio
Por Rosalía Rico Otero |
-
Semana de ceos despexados na que o venres irromperá unha borrasca
-
A Feira de Oportunidades de Sanxenxo regresou á Praza dos Barcos
Por Redacción |
-
As Rías Baixas, a tope en Semana Santa
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |