
© Deputación de Pontevedra - Museo de Pontevedra
As firmas que aspiran a rehabilitar Santa Clara analizan o espazo ao milímetro

Por Redacción
A principios de marzo, representantes dos cinco estudos de arquitectura que aspiran a realizar as obras de rehabilitación do Convento de Santa Clara recibían unha sesión explicativa e percorrían as instalacións.
Co paso das semanas, os estudos de Nieto Sobejano, Kengo Kuma, a UTE David Chipperfield-Carlos Seoane, Kaan, e a UTE Snohetta-Alfonso Penela solicitaron a realización de inspeccións particulares e individualizadas para coñecer cos seus equipos técnicos as instalacións e analizar ao milímetro todos aqueles elementos que conforman este conxunto arquitectónico.
Estas firmas terán que realizar unha proposta orixinal e que se diferencie da compentencia. Por este motivo, durante esta semana e a próxima estableceuse un calendario de visitas para estas entidades interesadas coa intención de que teña libertada para captar información específica e realicen inspeccións do terreo "in situ" para estudar as mellores ideas aplicables aos diferentes espazos.
O reto ao que se enfrontan céntrase en realizar unha intervención nun edificio de elevado valor histórico e convertelo nun Museo coas necesidades que se requiren na actualidade. A dirección do Museo de Pontevedra realizou unha proposta de organización dos espazos de forma que o edificio Este de o convento sexa o centro arqueolóxico mentres que o Oeste e o barroco destínense a usos expositivos, coa creación dunha construción nova que se utilice como recepción e acollida de visitantes.
As firmas deberán ofertar ideas de maneira libre sobre o recinto recuperando volumes, eliminando estruturas, reordenando circulacións no interior ou construíndo ampliacións.
César Mosquera, vicepresidente da Deputación, considera que o obxectivo é que o conxunto de Santa Clara se integre no tecido urbano abríndose á cidade e pase a ser o estandarte do Museo de Pontevedra. Para iso, os estudos aspirantes contan con toda a documentación histórica e técnica sobre as instalacións que ocuparon as clarisas.
Relacionadas:
-
O futuro de Santa Clara, en fase de estudo pola nova Deputación, co horizonte de "tres ou catro semanas" para decidilo
Por Natalia Puga |
-
Constituido o xurado que avaliará os anteproxectos para a rehabilitación de Santa Clara
Por Redacción |
-
A finais de 2023 agárdase o inicio da rehabilitación dos edificios históricos do Museo coa inclusión da conexión soterrada
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Santa Clara reabre as súas portas para os residentes do rural pontevedrés
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Toma de contacto con Santa Clara das empresas internacionais aspirantes a transformar o convento en "estandarte do Museo"
Por Anxo Lourido |
-
Cinco estudos con 77 premios internacionais no seu haber, finalistas na pugna por rehabilitar Santa Clara
Por Alejandro Espiño |
-
Estudos de España, Reino Unido, Xapón, Alemaña, Portugal, Noruega ou Dinamarca, interesados en Santa Clara
Por Alejandro Espiño |