
© Deputación de Pontevedra
Constituido o xurado que avaliará os anteproxectos para a rehabilitación de Santa Clara

Por Redacción

© Deputación de Pontevedra
Este luns quedou constituido o xurado que avaliará os anteproxectos para a rehabilitación de Santa Clara.
Actuou como presidente do xurado o director do Museo Xosé Manuel Rey, e como vogais a xefa de xestión do Museo Sonia Mateos, o secretario da Deputación Carlos Cuadrado, a xefa do servizo provincial de Arquitectura Mª Carmen Gómez e unha arquitecta deste departamento, Sara Piñón.
Por designación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta participou Belén Suárez -xefa do servizo de Arquitectura na delegación en Pontevedra-, polo Concello de Pontevedra Rosa Magdalena Fernández, e polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Jesús Irisarri Castro.
Estiveron presentes telemáticamente, Teresa Táboas, que tamén está no Consello Asesor do Museo (dende México DF); e Gonçalo Byrne, presidente da Orden dos Arquitectos de Portugal (desde Lisboa), así como a directora do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira en Cantabria, Pilar Fatás (dende Comillas).
A vindeira reunión de valoración quedou marcada para o 5 de xuño.
Relacionadas:
-
O Museo acolle unha exposición cos proxectos finalistas para a rehabilitación de Santa Clara
Por Redacción |
-
O estudo Nieto Sobejano Arquitectos gaña o concurso para a rehabilitación do antigo convento de Santa Clara
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pide a "inmediata cancelación" da reunión do xurado que vai valorar os anteproxectos de Santa Clara
Por Oskar Viéitez |
-
Entregan os anteproxectos que aspiran a renovar o convento: "Aquí está o futuro de Santa Clara"
Por Oskar Viéitez |
-
Santa Clara reabre as súas portas para os residentes do rural pontevedrés
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
As firmas que aspiran a rehabilitar Santa Clara analizan o espazo ao milímetro
Por Redacción |