A Xunta renova os permisos ambientais de Ence e Elnosa porque "son prórrogas obrigadas"
Por Redacción
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, referiuse este xoves á renovación dos permisos ambientais ás fábricas de Ence e de Elnosa como "prórrogas obrigadas".
Segundo Rueda esas prórrogas son obrigadas porque houbo unha transposición dunha Directiva Europea sobre o Ordenamento Xurídico español, e "o único que fai a Xunta de Galicia é cumprir coa lei", revisando todas as Autorizacións Ambientais integradas, "non só as de Ence e de Elnosa senón de moitas empresas que as necesitaban en toda Galicia. Non quere dicir outra cousa senón cumprir con esa Directiva".
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o día 31 de decembro as resolucións polas que se actualizan as autorizacións ambientais de 229 industrias de Galicia, entre elas as de Ence e Elnosa na ría de Pontevedra.
As resolucións foron publicadas unha semana antes de que finalizase o prazo fixado para adecuar a normativa nacional de á Directiva 2010/75 do Parlamento Europeo e do Consello de Europea de control da contaminación industrial.
No caso da cloreira situada en Lourizán el Gobierno galego cumpre co seu compromiso de executar a prórroga que lle concedeu a electroquímica portuguesa para que siga desenvolvendo a súa actividade na ría de Pontevedra durante tres anos máis, ata finais de 2016.
Rueda recordou que o pasado mes de outubro o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, asinou en Pontevedra un acordo cos responsables da multinacional lusa no que se ampliaba o prazo para proceder ao cesamento ordenado e progresivo da súa actividade na ría de Pontevedra.
Hernández baseou a decisión nos cambios na lei de prevención da contaminación, aprobados este ano polo Parlamento en cumprimento dunha directiva europea de 2010, que eliminaron a necesidade de renovar periodicamente os permisos ambientais ás industrias.
PRÿRROGA DE ENCE
O vicepresidente da Xunta desvinculou totalmente a renovación da Autorización Ambiental Integrada da fábrica de Celulosa da prórroga da concesión estatal dos terreos que ocupa en dominio marítimo-terrestre.
"Iso non ten que ver coa prórroga da concesión de ENCE que aínda está sen decidir e dende logo xa vimos dicindo sempre que a Xunta de Galicia se dá de prazo ata o final da concesión", afirmou Rueda.
O vicepresidente insistiu en que "aquí as présas non son boas", e abrigo apuntou que "apresurarse en contra do interese público, en ningún caso".
Finalmente Rueda dirixiu unha mensaxe aos responsables desta empresa "Ence ten que ter claro que temos que falar e que en calquera negociación, o resultado que haxa ao final vai supoñer un beneficio para os cidadáns de Pontevedra e a súa comarca. Se a empresa non ten claro iso estaríase a equivocar dende o principio", concluíu.
Relacionadas:
-
A APDR recorre a actualización das autorizacións ambientais de Ence e Elnosa
Por Redacción |
-
O PSOE advirte que a Xunta "parece disposta" a prórrogar a concesión de Ence pola vía do silencio administrativo
Por Redacción |
-
A Xunta segue pospoñendo a súa decisión sobre a prórroga de ENCE
Por Redacción |
-
O Goberno traslada á Xunta a solicitude de prórroga de ENCE para seguir en Lourizán
Por Oskar Viéitez |