8M | "Feminismo ou barbarie", alertan no Pazo Provincial
A Deputación de Pontevedra celebrou este mércores o acto central da súa campaña con motivo do 8M que leva o lema de 'A nosa voz, o noso espazo, os nosos dereitos'.
A ceremonia comezou coa representación artística 'Alguén aquí?', da man de Carmen Quinteiro. Consistiu nunha apelación a estar alerta e reafirmar a urxencia de non baixar a garda en defensa dos dereitos das mulleres.
Posteriormente, Carmela Silva, presidenta da Deputación, acompañada polas mulleres do goberno provincial, interviu dicindo "es única, non aceptes suxerencias. Quen non vaia a ler na túa liberdade, que aprenda outro idioma. Es libre, quen non saiba voar en solitario que non salte contigo: mereces compañía, non un lastre".
Ademais, actuaron as cantantes galegas Su Garrido e Sheila Patricia, que fixeron soar letras revindicativas que encheron a entrada do Pazo Provincial. O alumnado do Ciclo Superior de Igualdade do CEIP A Xunqueira tamén participou coa lectura do manifesto polo 8M 'Xuntas somos mais fortes. Nin un paso atrás'.
Na parte final do acto, uníronse ao escenario todas as mulleres presentes no público que remataron ao berro de "aquí está, aquí se ve, o feminismo galego en pé".
Momentos posteriores á celebración do acto, Carmela Silva afirmou que a mensaxe que se pretende transmitir é "dicirlle ao conxunto da sociedade que nós estamos aquí xuntas para reclamar algo que nos pertence, a metade de todo" e asegurou que "hoxe, na Deputación de Pontevedra, houbo a maxia que xenera o feminismo, porque feminismo ou barbarie".
Pola súa parte, Quinteiro insistiu en que esta loita "non é máis que reclamar a parte esencial" que lle corresponde ás mulleres.
Relacionadas:
-
A primeira edición de 'Cambiemos o conto' xa ten gañadoras
Por Redacción |
-
8M | Pontevedra volve saír á rúa: “Somos feministas os 365 días do ano”
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
8M | Reivindicar o papel das mulleres, eixe dos actos conmemorativos no campus pontevedrés
Por Redacción |
-
8M | O "moi masculinizado" sector da pesca toma o protagonismo na Subdelegación do Goberno
Por Natalia Puga |
-
Mulleres Diversas alza a voz polo 8M polas mulleres con discapacidade que viven no rural
Por Redacción |
-
Arrinca 'Mulleres adiante' coa lectura dun manifesto que reivindica "unha cuestión tan obvia" como é a igualdade
-
A Illa de Arousa súmase aos actos polo 8M
Por Redacción |
-
O lema 'A nosa voz, o noso espazo, os nosos dereitos' preside desde este venres o Pazo Provincial
-
"A nosa voz, o noso espazo. Os nosos dereitos", lema da Deputación na "intensa" programación do 8M
Por Oskar Viéitez |