Sanxenxo amplía a área lúdica da Cachada cun parque biosaudable
Por Redacción
A área lúdica da Cachada, na parroquia de Nantes, vai ser ampliada a través dun actuación que permitirá habilitar nela un parque biosaudable e instalar novo mobiliario.
Esta parcela municipal conta xa desde finais do ano pasado con dúas pistas de petanca e un estacionamento para dez vehículos.
O proxecto que impulsa agora o goberno municipal prevé instalar cinco aparellos no que os usuarios poidan traballar as distintas partes do corpo. Ademais, instalouse un banco na contorna do parque e un dobre nas pistas de petanca.
O investimento realizarase con fondos municipais e ascende a case 3.500 euros.
A estas novas instalacións sumaranse nuns días, dentro da mellora e mantemento dos parques infantís do municipio, unha pista de petanca e outra de chave, no parque do Espiñeiro.
Relacionadas:
-
Sanxenxo mellora os seus parques infantís con cambios no chan e xogos inclusivos
Por Redacción |
-
Sanxenxo crea pistas de petanca e chave no parque do Espiñeiro
Por Redacción |
-
As obras na Praza de Vilalonga avanzan coa estrutura da bancada
Por Redacción |
-
Conclúe a renovación da pista deportiva e as pezas de xogo do parque de Panadeira
Por Redacción |